O venres, 21 de xuño, ás 19:00 horas e no Museo do Mar de San Cibrao, remata o ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha conferencia a cargo de Esteban Álvarez Fernández baixo o título “Do mar á cova. Os animais mariños nos xacementos prehistóricos”. Estes relatorios teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo da nosa historia. Organizan Marián Cueto (Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, IPHES), e patrocinan a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial. A entrada é de balde.
Quinta conferencia sobre a arqueoloxía e o mar
Quinta conferencia sobre a arqueoloxía e o mar
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón