O pasado venres 7 de xuño 40 veciños e veciñas de Xove disfrutaron dunha visita medioambiental coa que o Concello quixo celebrar o Día Mundial do Medioambiente. Acompañados pola Concelleira de Agricultura, Dolores Meitín, visitaron a granxa ecolóxica de Casa Grande de Xanceda (Mesía) pola mañá e xa despois do xantar achegáronse ó Complexo Medioambiental da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) en Cerceda. Ámbalas dúas visitas foron acompañadas por explicacións técnicas a cargo de responsables de cada un dos lugares que visitaron. A convocatoria da viaxe, que permitiu mellorar a educación medioambiental dos participantes e contribuíu á súa concienciación medioambiental, dirixiuse a titulares de explotacións gandeiras e tamén a aquelas persoas que participaron no programa de compostaxe doméstico.
