A CIG-Saúde vén de pór en marcha unha campaña para denunciar a rixidez coa que o SERGAS aplica as medidas de recorte ao seu persoal, mentres que Función ten flexibilizada a súa aplicación para o persoal da Xunta de Galiza. No seo da campaña membros da Executiva Nacional de CIG-Saúde rexistraron, o pasado venres, dous escritos dirixidos á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera e ao propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través das que demandan o cese destas discriminacións e piden ás/aos traballadoras/es do SERGAS que rexistren ese mesmo escrito para darlle continuidade á campaña”.
CIG-Saúde subliña que desde o ano 2009, o persoal do SERGAS vén sufrindo recortes continuados dos seus dereitos laborais que se concretan, entre outros, na supresión do acordo retributivo 2008-2012; a paralización da carreira profesional; a perda do complemento salarial nas baixas; o aumento da xornada laboral; a perda dos días de libre disposición e tamén dos días adicionais de vacacións e dos días por trienios, alén da perda de postos de traballo.
Denuncia que mentres ao persoal do SERGAS se lle aplicaron rixidamente os recortes, Función Pública flexibilizaba mediante a negociación, as condicións do seu persoal e flexibilizaba tamén a aplicación dos recortes. Unha negociación e flexibilización que non foi posíbel no seu caso por mor das reiteradas negativas do Servizo Galego de Saúde.
Froito desa flexibilización, o persoal funcionario da Xunta conta cun complemento salarial nas baixas por enfermidade e os 3 primeiros días pode xustificar a ausencia sen entregar parte de baixa, cobrando ademais a retribución completa.
Fronte a isto, ao persoal do SERGAS descóntaselle, os 3 primeiros días, entre un 50 e un 100% da retribución, sen posibilidade de xustificar a ausencia doutro xeito que non sexa cun parte de IT.
En materia de acción social, o funcionariado viña tendo dereito a axudas para libros ou vivenda, algo que o persoal do SERGAS nunca tivo dereito.
Ademais a xornada laboral do persoal funcionario inclúe o 24 e o 31 de decembro como día non laborábel, coa conseguinte redución da súa xornada, mentres que si é laborábel para o persoal do SERGAS e, polo tanto, non teñen dereito a redución de xornada algunha.
Polo que respecta a permisos e licencias, función pública publicou, despois da negociación, unha instrución na que se recollen cuestións como a consulta propia que melloran a lexislación básica. Porén, no SERGAS, o organismo que presta asistencia sanitaria, o persoal non ten dereito a permiso para acudir a consulta médica propia. E non só iso, o Servizo Galego de Saúde négase a negociar nada que non sexa o que está estabelecido na lexislación básica, cos recortes correspondentes.
CIG-Saúde sinala ademais que con data de 20 de xuño. A Dirección de Función Pública emitiu unha instrución na que decreta para o persoal funcionario o horario de verán desde o 25 de xuño ao 15 de setembro, cunha xornada continuada de 6 horas ou o que é o mesmo, cunha redución de 1,5 horas diarias para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Por iso reclama que, de inmediato, o SERGAS dite unha resolución para o persoal estatutario de redución horaria no período vacacional similar á ditada para o persoal funcionario, ou a acumulación en xornadas completas para o persoal que non poida gozar da redución diaria. “O persoal estatutario, como o persoal da Administración Pública, non pode estar continuamente discriminado das medidas máis beneficiosas que son de aplicación ao resto de traballadores/as do sector público”, afirma e engade que “se se nos considera funcionariado para aplicarnos os recortes, tamén debe considerársenos para acadar as melloras”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



