12 de xullo de 2013. Os días 15 e 16 de xullo debar¡tirase na Comisión Europea a prohibición do Fipronil, un perigoso insecticida. Asociacións apícolas, organizacións agrarias, de consumidores/as, ecoloxistas e sindicales (120 entidades en total) unímonos para pedir que o Ministerio de Agricultura, Alimentacióne Medio Ambiente defenda a prohibición do insecticida Fipronil de cara ao vindeiro debate na Comisión Europea. A reunión do Comité Permanente da Cadea Alimentar e de Sanidade Animal terá lugar en Bruxelas entre o 15 e o 16 de xullo e supón unha nova oportunidade para a protección das abellas e outros polinizadores.
O pasado 27 de maio a Autoridade Europea de Seguridade Alimentar (EFSA) publicou o seu ditame sobre a avaliación de risco do Fipronil para as abellas. Unha das súas principais conclusións foi que este insecticida supón “un risco agudo elevado para as abellas cando se utiliza como tratamento de sementes de millo”. Ademais, a EFSA sinalou unha serie de carencias nos datos dispoñíbeis Esta falla de datos impedíu avaliarr completamente os riscos asociados á exposición ao pó, pole e néctar contaminados, así como outras vías potenciais de exposición.
O Fipronil é un insecticida de amplo espectro e moderadamente sistémico da familia dos fenilpirazoles, producido poolo xigante químico BASF. Na Unión Europea (UE) está autorizado só en sete estados membros, entre eles España, onde se utiliza especialmente como tratamento de sementes de xirasol e milo e comercializado baixo o nome REGENT TS. Na súa ficha de rexistro en España pódese ler que é altamente perigoso para as abellas.
En moitos aspectos, os resultados da EFSA son similares aos orixinalmente presentados para o Imidacloprid, o Tiametoxam e a Clotianidina, insecticidas da familia dos neonicotinoides, para os cais prohibíronse recientemente certos usos chave na UE debido aos riscos que supoñen para as abellas.
O Fipronil é altamente tóxico para os invertebrados acuáticos, así como para as termitas, abellas, algúns mamíferos e réptiles e mesmo aves. Por outra banda, e no que se refere ás abellas, son cada vez máis as evidencias dunha serie de impactos toxicolóxicos adicionais, que inclúen interaccións sinérxicas con outros praguicidas (Tiacloprid) e co parásito Nosema. Ao igual que cos neonicotinoides tamén foron identificados unha serie de efectos subletais sobre as abelas, incluidos efectos na aprendizaxe, na memoria olfativa e na capacidade para detectar as fontes de alimento.
A polinización é fundamental para a seguridade alimentar e para a biodiversidade e só para a agricultura en Europa supón uns 22 mil millóns de euros ao año.
Por todos estes motivos, as entidades asinantes consideramos que está máis que xustificada a aplicación do Principio de Precaución e a prohibición total e definitiva do insecticida Fipronil, a máis tardar a partir de decembro de 2013.
É fundamental también que España presione á Comisión Europea para que promova a prohibición de todos os praguicidas tóxicos para as abellas e outros polinizadores, así como o desenvolvimento dun plano de acción exhaustivo para salvar ás abellas e, o máis importante, que apoie decididamente á agricultura ecolóxica que favorece ás abejllas e outros polinizadores e garante alimentos sans para hoxe e mañán.