O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, esixiu este venres 5 de xullo explicacións ó Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, logo de que os Alcaldes de Guitiriz, Xosé María Teixido; Folgoso do Courel, Lola Castro; e Quiroga, Julio Álvarez; recoñecesen, públicamente, que incumpriron o convenio de Xunta, Deputacións galegas e Fegamp para a posta en marcha dos GES, cometendo “graves irregularidades” nos procesos de selección do persoal. Martínez subliñou que “Feijóo, responsable do PP en Galicia, así como Rueda, número dous dos populares, Barreiro, presidente deste grupo en Lugo, Raquel Arias ou Balseiro, que sempre anda polo medio, deben aclarar se avalan o cometido e recoñecido polos Rexedores do PP”.
O tamén Deputado explicou que “por un lado, temos ó Alcalde de Guitiriz, que foi capaz de asegurar, textualmente, que mellorou unhas bases que, tal e como apunta o convenio, son cómuns para todos os grupos e públicas porque o obxectivo é crear unha rede de auténticos profesionais, altamente cualificados e formados, para cubrir as emerxencias na Comunidade. Teixido modificounas, comentendo unha grave irregularidade, para contratar a amigos. ¿Qué mellorou o Alcalde, alterando a idade dos aspirantes a estas prazas, situándoa nos 16 anos cando, segundo a lei vixente, con esta idade non podes ter o carné C, un dos requisitos imprescindibles para ser parte dos GES?”.
Martínez engadiu que “por outro lado temos ós Alcaldes de Quiroga e de Folgoso do Courel que afirmaron, tamén textualmente, que se desvincularon do convenio dos GES e que non firmaron nada con Xunta e Deputación porque manteñen un convenio coa Fegamp para os GRUMIR. ¿Como Julio Álvarez, actual membro da directiva da Fegamp e expresidente deste organismo, é capaz de xustificarse deste xeito, mentindo, cando estivo presente nas reunións para a posta en marcha dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal en substitución dos GRUMIR, que xa non existen? ¿Acaso o Goberno galego ten un convenio específico para Quiroga e Courel, que descoñecemos o resto de Concellos?”
Sobre a Alcaldesa do Courel, que recoñeceu a contratación de súa irmá, o voceiro preguntou se ¿é posible que a asesora de Raquel Arias descoñeza, tal e como asegurou, o convenio que a Xunta asinou con Deputacións e Fegamp?
Rectificar ou non financiar
Martínez remarcou que “o feito por estes Alcaldes do PP é unha falta de respecto en todos os sentidos. Primeiro, ós profesionais que se están a preparar para ser parte dos GES, ó resto de Concellos que cumprimos co convenio, así como á Xunta, a Feijóo e a Rueda. ¿Vai avalar isto o Presidente da Xunta ou o Conselleiro de Presidencia, como responsable dos GES?”. O Deputado salientou que “esperamos que isto se aclare na Comisión de Seguimento e que, ó igual que rectificou o Goberno galego, convocando esta reunión debido ó recoñecido incumprimento do convenio por parte dalgúns Alcaldes do PP, tamén rectifiquen os Rexedores de Guitiriz, Folgoso do Courel e Quiroga e se axusten ó convenio. De non ser así, a Xunta non debería outorgar a estes municipios o 60% do financiamento. Neste caso, a Deputación non o fará. Só hai dúas alternativas: rectificar ou non ser financiados”.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



