Foz, 22 de xullo de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, felicita aos organizadores e colaboradores dos eventos celebrados a pasada fin de semana no municipio, destacando as multitudinarias festas do Carme de San Martiño e o festival folclórico Aires do Masma.
“Dende o Concello de Foz queremos felicitar a todos aqueles que organizaron os eventos esta fin de semana, na que houbo moita actividade e de moita presenza de xente no Concello. O acto máis multitudinario e o que máis organización necesitaba eran as festas do Carme de San Martiño, que contaron coa presenza de máis de 15.000 persoas. Neste caso, quero felicitar a todos os que participaron nesa organización, especialmente á comisión de festas de San Martiño pero tamén ás forzas de seguridade, tanto á Policía Autonómica como á Local e á Garda Civil. Tamén a Protección Civil, que estivo pendente da seguridade e da protección de todos aqueles que estivemos gozando do festival, e a todos os traballadores municipais que ó dia seguinte estiveron limpando a área recreativa do Carme. Polo tanto, parabéns para todos porque foi un éxito e, sobre todo, non houbo ningún tipo de incidente grave, que é o máis importante”, manifestou hoxe o rexedor municipal.
Javier Castiñeira tamén eloxia á asociación A Subela “pola organización do festival Aires do Masma un ano máis, co que se deu remate ás festas do Carme de Foz”, e anunciou que proximamente empezarán as festas do San Lourenzo.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



