Foz, 20 de xullo de 2013. O BNG de Foz celebrou, na tarde deste sábado 20 de xullo, a XX Festa do Chicharro Lañado, cita gastronómica pero á vez reivindicativa dos sectores productivos de Galiza, que se organiza dentro do conxunto de actos preparatorios que están a desenvolver os nacionalistas no marco do Día da Patria e cos que pretenden esixir máis soberanía para Galiza. Paralelamente desenvolveuse unha exhibición do xogo da billarda co Aberto puntuábel para o Campionato Nacional deste deporte tradicional galego.
O portavoz nacionalista en Foz, Xan Carlos Basanta, que asistiu ao evento, explicou que “o feito de que esta xornada coincida cun momento de fonda crise económica que está a provocar graves consecuencias no sector primario, nomeadamente no agro e na pesca, dálle unha especial significación por tratarse tamén dunha xornada reivindicativa en apoio destes dous sectores produtivos centrais da nosa economía que so poden saír para diante se Galiza é máis soberana e pode decidir por si mesma e non que lle veña imposto polo Estado ou Europa, como sucede este mes co naval”.
O Bloque Nacionalista Galego vincula á falta de soberanía os problemas de moitos sectores produtivos galegos como o naval, o pesqueiro, o agrogandeiro, ou o pequeno comercio.
“Desde o BNG incidimos na necesidade de mobilización social porque a sociedade non pode ficar de brazos cruzados mentres toman medidas que agravan aínda máis a recesión e destrúen aínda moitos máis postos de traballo.O BNG quere chamar ás mariñás e aos mariñáns á mobilización e que se poña en pé na defensa dos seus dereitos o 25 de xullo, e que a xente botada á rúa sexa un dique de contención contra o vendaval centralista, antisocial e antidemocrático que ten levantado o PP contra Galiza”, concluíu o portavoz nacionalista.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



