O Complexo Cultural RegalXunqueira acollerá a inauguración das exposicións “Apañadores” de Bandia Ribeira e “Zeramiks” de Fran Lareo nun acto que terá lugar este mércores 10 de xullo ás 20,30 horas na sala de exposicións.
“Apañadores” é un proxecto de fotografía documental que se centra na vida dos traballadores temporeiros que recollen narcisos en Escocia, Irlanda e o sur de Inglaterra, entre xaneiro e finais de marzo. A temporada empeza nas terras do sur por ser mais cálidas e remata no norte. Reino Unido é o primeiro productor mundial desta flor.
Este proxecto está centrado na vida de Cathlenn, 41 anos, procedente de Italia, de pai australiano e nai italiana, leva cinco anos traballando como recolectora en distintas granxas viaxando por todo o terrotorio europeo, que decidiu comezar unha vida nómada trala repentina morte do seu home, para “olvidar o pasado”.
Bandia Ribeira
Fotógrafa nacida en As Pontes en 1979. Licenciase en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago. Estuda Fotoxornalismo na Universidade Autonoma de Barcelona. Traballa como Becaria en El Progreso em 2009 e colabora coa Fundacion FIAS no proxecto de fotografia participativa Racons, que ten lugar no Centro Penintenciario de donas de Wad Ras em Barcelona entre os anos 2009 e 2010. En 2010 recibe a beca no X Seminario de Fotografia e Xornalismo de Albarracín. Este ano é invitada ao Festival Emergents de Lleida. En 2009 comeza co proxecto “Recolectores”, no que segue a traballar e no que esta exposicion se presenta unha mostra do mesmo.
Fran Lareo
Empeza a diseñar escultura en pequeno formato en 1998, todalas esculturas están feitas cun material que o propio autor prepara e adapta en un pequeno laboratorio situado en Brión. Antonio Montero, Presidente Fundación Wenceslao Fernández Flórez, explica que “quen coñeza a Fran Lareo podería facerse unha idea da súa obra. Case sempre ocorre, pero non, non é así. Fran Lareo é claro, é diáfano no seu falar, pero a súa obra non o é tanto. Fran Lareo non é tan só un pintor, tamén é un investigador das formas, un creativo cunha vea sentimental e cunha grande experiencia como debuxante no espazo. El, como bo coñecedor das matemáticas e do mundo informático, é capaz de sintetizar as súas pezas. Conta coa capacidade necesaria para poder poder darlle forma e xeito a unha obra. Logra que, como dun xeito aparentemente inxenuo, o que sae das súas mans para chegar de xeito milagroso ás nosas semelle talmente un milagre da natureza que non se pode explicar, semelle unha obra viva á que tan só lle falta andar, falar ou camiñar. Son as súas unhas obras feitas dun material a cabalo entre a pedra é cerámica, cunha composición química que unicamente el coñece e á que aplica unha viveza e un colorido únicos, enchidos de paixón. Xa sexan músicos, santos, animais, pastores ou coches, todo o que é susceptible de ser incorporado ao seu repertorio teñan por seguro que vai ser reflexo da man e do pensamento deste home como creador. O caso é que el, desde Santa Minia, pon en valor un novo Laboratorio de Formas. Agardamos que os seus éxitos brillen e nos ofrezan un novo esplendor como foi no seu tempo o Laboratorio de Formas do Castro e Sargadelos, que dou lugar ás famosas figuras de Sargadelos da man dese outro gran creativo galego, xa consagrado e tristemente falecido, Don Isaac Díaz Pardo. Agardamos moitos éxitos deste artista”.