Lugo, 3 de xullo de 2013.- O presidente do Partido Popular de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro iniciará este venres día 5 no Valadouro unha serie de encontros con cargos públicos locais (alcaldes, portavoces e concelleiros) que teñen previsto celebrarse ao longo de todo este mes de xullo en todas e cada unha das comarcas da nosa provincia.
A tal fin a dirección provincial deseñou un amplo calendario de reunións que inclúe, ademais desta primeira xuntanza na Mariña, (día 5, ás 19 horas, na Casa da Cultura do Valadouro) outras novas citas como son: en Antas de Ulla (comarcas de Chantada e Ulloa), nas Nogais (comarcas de Fonsagrada e A Montaña), en Vilalba (comarca da Terra Cha e Meira), Lugo capital e comarca, Sarria e un encontro en Monforte (comarca de Lemos e zona sur)
Nas xuntanzas participarán xunto a Jose Manuel Barreiro o secretario xeral provincial, Jose Manuel Balseiro, os novos coordinadores territoriais que forma parte da nova estrutura de dirección do partido, logo da celebración do XVI Congreso provincial, así como tamén os deputados nacionais, autonómicos, provinciais e senadores, en definitiva, todos os representantes da zona nas respectivas institucións.
UN PARTIDO MÁIS PRÓXIMO
Jose Manuel Barreiro quere coñecer de primeira man as principais reivindicacións dos cidadáns en cada comarca e amosar o apoio da dirección provincial aos afiliados e ao traballo que realizan, os distintos Grupos Municipais en cada concello.
“Estas reunións son fundamentais para ter un mellor coñecemento da situación da provincia, trasladar as necesidades dos distintos concellos ás distintas administracións e buscar iniciativas que permitan mellorar a calidade de vida dos cidadáns” –dixo Barreiro- tras insistir en que “queremos, en definitiva, reforzar a nosa estrutura territorial para facernos un partido máis próximo ao cidadán e máis efectivo na procura de iniciativas capaces de dar respostas ás inquedanzas de cada unha das comarcas”.
As xuntanzas territoriais servirán para marcar a folla de ruta a seguir logo de terse superado o ecuador da lexislatura municipal e propoñer un punto de encontro periódico entre os distintos cargos públicos electos. Nas mesmas tamén aproveitarase para transmitir e informar aos cargos locais do partido as políticas que se están desenvolvendo tanto no goberno nacional como autonómico.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



