O PP mantivo unha xuntanza en Viveiro coa participación de cargos locaise autonómicos tiña como obxectivo presentar os procedementos que abre a nova modificación da Lei de Costas impulsada polo Partido Popular que plantexa ” a solución a aqueles problemas que estaban enquistados por algunha incorrecta aplicación dos deslindes e que non recoñecía a singularidade do sistema de asentamento tradicional de Galicia, non recoñecendo o modo de asentamento tradicional do litoral por parte dos galegos”.
Na Mariña serán preto de 1.000 construcción ás que se poderán beneficiar da aplicación desta nova lei mediante uns procedementos regulados na transitoria número 1 e que, fundamentalmente, teñen como obxectivo recoñecer a singularidade dos núcleos rurais galegos e dar solución a aquelas familias que dalgún xeito inxusto e, por causas alleas á súa vontade, por desaxustes administrativos se vían afectadas por unha situación que non promoveron. As súas construcción e bens estaban, en moitas ocasións, nunha situación de “limbo” á que o PP lle quixo dar solución. Iso foi o PP de Galicia que solucitou a modificación e que o PP, a nivel estatal, apoiou promovendo esta modificación.
Así, veranse afectados pola nova lei de Costas na Mariña lucense os seguintes núcleos:
Concello | Nº de núcleos | Núcleos con +3% superficie afectada | Número de construcións afectadas | Construcións segundo tipo de solo |
Barreiros | 2 | Villadaide | 100 | Solo urbano 44 Solo rústico 53 Núcleo rural 3 |
Burela | – | 92 | Solo urbano 52 Solo urbanizable 9 Solo rústico 31 | |
Cervo | 1 | Fontao | 123 | Solo Urbano 87 Solo Urbanizable 25 Solo Rústico 5 Núcleo Rural 6 |
Foz | 5 | Cangas Corredoira Fazouro Nois | 141 | Solo urbano 23 Solo Urbanizable 41 Solo Rústico 13 Núcleo Rural 64 |
Xove | 3 | Portocelo | 92 | Solo Urbano 1 Solo Rústico 83 Núcleo Rural 8 |
Ribadeo | – | 137 | Solo Urbano 65 Solo Rústico 72 | |
O Vicedo | 6 | Abrela Corva Gandara San Roque Poceira Pazo Sisto Suavila Vicedovello | 170 | Solo Urbano 32 Solo Rústico 96 |
Viveiro | 2 | Cristo da Trabe Engrobias Trabe Portochao | 253 | Solo Urbano 68 Solo Urbanizable 8 Solo Rústico 167 Núcleo Rural 10 |