O hotel Vila do Val celebrará a Semana de Galicia do 22 ó 28 de xullo ofrecendo ós seus clientes un menú elaborado con produtos e recetas típicas galegas. A directora, María Hermida, indica que “queremos sumarnos desde as nosas instalacións á festividade do 25 de xullo, día de Santiago Apóstol e día de Galicia e o facemos elaborando pratos con produtos desta terra: carnes, peixes e mariscos acompañados de exquisitas guarnicións con patacas e hortalizas desta zona”. Hermida sinala que “estamos en temporada alta e pretendemos sorprender a quenes nos visitan estes días e que disfruten da exquisita gastronomía galega, elaborada nos fogóns do hotel Vila do Val”. A Semana de Galicia non é a única proposta do Vila do Val para os próximos días, “xa que tamén de luns a domingo durante a próxima semana teremos un menú especial 100% Galicia composto de crocante de carpacho, arroz caldoso de mariscos e freixós recheos de mel do Valadouro. O prezo por comensal é de 18 euros (bodega non incluída). En Ferreira do Valadouro no hotel Vila do Val tamén lle ofrecen ós seu clientes o menú do día: de luns a venres a 9 euros, con oferta especial e prezo reducido os xoves a tan so 6 euros e os domingos a 12 euros. Todos inclúen tres primeiros e tres segundos pratos para elixir, sobremesas caseiras ou café, pan, auga, viño da casa, refrescos e botellín de cervexa. A directora do Vila do Val, María Hermida, engade que “a oferta que temos para os nosos clientes é moi variada tanto no restaurante coma no hotel. E ademais contamos coa nosa terraza de verán na que se poden degustar brochetas, sarténs, tostas, ensaladas, racións, bocadillos, sándwiches, pizzas… Un pouco de todo para satisfacer ós que desexan un picoteo e para os que prefiren disfrutar de pratos máis elaborados”.





















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.