Lugo, 3 de xullo de 2013. Os Mércores Miúdos serán desde este mércores 2 de xullo, un ano máis, a principal diversión para as tardes dos mércores dos nenos e nenas lucenses. Os espectáculos infantís comezaron esta tarde con “A nena e o grilo nun barquiño”, na segunda parte da historia entre a nena e o grilo, vellos amigos dos nenos e nenas lucenses xa que estiveron precisamente nos xardíns da Deputación hai dous anos. Neste espectáculo da nena e o grilo os nenos e nenas aprenden a valorar a expresión a través das artes: música, teatro, narrativa, ilustración, poesía; sempre dende un punto de vista que fai fincapé na horizontalidade, na alegría e na comunicación.
O programa Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación, posto en marcha pola Área de Cultura, inclúe este ano, ademais das actuacións para público en xeral, que terán lugar todos os xoves de xullo, agás o Día da Patria, e os dous primeiros de agosto, arrancando mañá ás 21:00 horas coa actuación de Isabel Risco e The Tetas’ Van, tamén se proxectan os martes filmes de contido social e os días 2 e 9 de agosto haberá teatro sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño coa participación de actores e actrices de Buxiganga xunto ao actor Avelino Fernández e aos músicos Ataque Escampe e o Leo e Arremecághona.
Estas actuacións abren así un ano máis as portas dos xardíns do Pazo de San Marcos e enchen de música e divertimento as tardes de verán lucenses. Tras varios anos de percorrido, consolídase unha proposta que medra de edición en edición e que, cada vez máis, conta co interese e a fidelidade do público lucense. Cultura Aberta é un programa que quere achegar propostas de lecer e culturais a toda a poboación, xa que os contidos se adaptan a todos os públicos. Nesta nova edición de Xoves de Cultura aberta faise fincapé no propio, con propostas artísticas, culturais e musicais locais, para reivindicar a calidade e a diversidade da produción cultural da nosa contorna e de Galiza. E tamén as actuacións que hoxe comezan os mércores serán levadas a cabo por compañías galegas.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



