Cervo, 21 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular vén de rexistrar dúas mocións para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno municipal, unha delas para censurar os incumprimentos da Deputación de Lugo en materia de benestar e a outra para esixir a dimisión de Antón Veiga, vicepresidente da administración provincial, como responsable da trama de asesores que a soldo dun área de goberno da Deputación prestaban os seus servizos para o BNG.
Os populares explicaron que o goberno bipartito provincial non achega a totalidade dos recursos aos que está obrigado por lei para o financiamento do servizo básico de axuda no fogar. Os populares censurarán este proceder e esixirán que desde a Deputación de Lugo poñan fin a esta actitude de insumisión polo dano que está a provocar a moitos concellos, que se ven na obriga de aumentar as achegas dos usuarios para poder soster este servizo.
Desde o PP censuraron a falta de sensibilidade coas persoas maiores e dependentes do bipartito provincial a puxeron en contraste o despilfarro de recursos que a Deputación realiza noutros proxectos de moita menor importancia. Os populares están convencidos de que a administración que preside Gómez Besteiro está máis preocupada en promocionar a figura do seu presidente que en axudar aos que máis o necesitan.
A iniciativa dos populares lembra que tanto a Lei vixente como o decreto de servizos sociais establece que para os concellos de menos de 20.000 habitantes as deputacións provinciais financiarían o servizo de axuda no fogar básico (aquel que afecta á atención das persoas maiores e dependentes) e a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.
DIMISIÓN DE ANTÓN VEIGA
Os populares tamén demandarán a dimisión ou cese inmediato do vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Veiga, por considerar que foi o máximo responsable na creación e posta en marcha dunha trama de asesores que a soldo dun área de goberno da Deputación en realidade prestaban os seus servizos ao BNG.
Desde o PP non só queren que se censure esta actitude que poderían supoñer un uso fraudulento de fondos públicos provincias pagados por todos os lucenses senón que incluso podería ter servido para que a administración provincial asumira uns gastos que lle correspondería pagar ao BNG
É por iso que os populares tamén solicitará a devolución por parte do BNG das cantidades indebidamente percibidas polos integrantes da trama de asesores e reprobarán a actitude seguida por parte dos bipartito provincial cómplice con esta situación.
Dáse a circunstancia de que en Cervo o único concelleiro nacionalista da Corporación muncipal, Xoán Estua, é unha das persoas que forma parte desta trama, xa que contratado para traballar na área de Cultura da Deputación en realidade -como é público e notorio- estaba prestando os seus servizos na sede do BNG de Foz, feito que, segundo denuncian, non ten mudado.


















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



