Riotorto- 21 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Riotorto esíxelle a Federico Gutiérrez que diga a verdade en relación a que o municipio se quede sen unha das residencias para a terceira idade que serían construídas e xestionadas pola Deputación de Lugo, ao tempo que dende a formación popular tachan ao alcalde nacionalista de antepoñer os intereses partidistas aos dos veciños.
En concreto, os populares pídenlle ao rexedor local que aclare se existe algún pacto dentro do BNG, para que este investimento non se materialice en Riotorto, senón que beneficie a outro concello da Mariña, neste caso Ribadeo. Deste xeito, os populares alertan da existencia dun posible pacto dentro do BNG para que este investimento se realice en Ribadeo.
Así o puxeron de manifesto os populares logo de denunciar que Riotorto se quede sen residencia da terceira idade pola falta de xestión e deixadez de funcións do equipo de goberno local, que bota balóns fora –segundo o PP de Riotorto- e intenta culpabilizar a outros entes administrativos de que este investimento non se materialice na localidade.
“É lamentable”, denuncian os populares, que ao rexedor se lle “enchese a boca vendendo unha residencia para maiores en Riotorto”, cando nin tan sequera, “tiña daquela adquiridos os terreos onde se levantaría o edificio que tería a finalidade de centro para maiores.
Os populares explican que non se pode culpabilizar a outras administracións de que os veciños de Riotorto non teñan unha residencia de maiores cando o propio rexedor “froito da súa irresponsabilidade” e despois de “enganar e mentir aos veciños”, non chegou a ser quen de realizar as xestións oportunas, ata o punto de supoñerlle un custo a maiores de 22.000 euros ás arcas municipais, froito dos intereses do préstamo solicitado para a compra do solar que finalmente non se materializou.
Anticipar intereses partidistas antes que defender aos veciños
O Partido Popular de Riotorto lamenta que o alcalde da localidade chegue a anticipar os intereses partidistas, á defensa de que os veciños conten cun servizo en benestar.
A falta de xestión e irresponsabilidade de Federico Gutiérrez, segundo os populares locais, é a que privou ao riotortenses de que na localidade se materializase un importante investimento económico, que permitiría ao municipio dispoñer dun servizo do que ata o momento non conta.
“É imperdonable a falta de rigor e traballo, así como a despreocupación” á hora de deixar perder este financiamento que permitiría a dotación dunha infraestrutura de gran demanda e necesidade para os veciños do municipio.
Neste senso, os populares locais explican que A Fonsagrada, Trabada e Pol terá unha residencia, que reúnen as mesmas condicións que a que se tiña previsto construír en Riotorto, salvo que nestes concellos “xestionase con máis responsabilidade”.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



