Lugo, 13 de agosto de 2013. O deputado nacionalista e vicepresidente da Deputación Provincial, Antonio Veiga, urxe ao presidente do Partido Popular lucense, Xosé Manuel Barreiro, a dar explicacións sobre o financiamento da súa organización.
As contas do Partido Popular en Madrid non son as únicas que están baixo sospeita, senón que tamén o están as do Partido Popular en Galiza, xa que foron xestionadas durante anos por un dos principais implicados na trama Gürtel, Pablo Crespo, e dúas das construtoras que doaron diñeiro negro ao PP, segundo aparece nos papeis de Bárcenas, participaron nunha adxudicación irregular en Portos de Galiza no 2004, o que deixa en evidencia que o presidente dos populares galegos e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mentiu cando afirmou que a trama Gürtel deixara de operar en Galiza en 1.999.
Para os nacionalistas tamén a contabilidade do Partido Popular de Lugo está baixo sospeita en canto se están a investigar adxudicacións de actuacións na provincia vinculadas ao medio ambiente na etapa na que Xosé Manuel Barreiro ocupaba o cargo de conselleiro de Medio Ambiente, e empresas relacionadas directamente coa consellería de Medio Ambiente e con organismos dependentes da mesma como, Espina&Delfín, Cortizo, Copasa e Tecomsa, que aparecen nos papeis do ex tesoureiro do Partido Popular. Ademais, o actual presidente dos populares de Lugo formaba parte da dirección do PPdeG cando en 2006 recibiu 1,8 millóns de euros en doazóns presuntamente ilegais.
Antonio Veiga advirte a Xosé Manuel Barreiro que “canto máis tempo tarde en ofrecer explicacións sobre como se financia a súa formación, maiores serán as dúbidas ao respecto e maior a incertidume entre os cidadáns, os cales cada vez son máis esixentes no que á transparencia na vida pública se refire e esa transparencia require ofrecer información e pór datos enriba da mesa. Se o señor Barreiro pensa que o problema se minimiza estando calado e facendo que pareza que o asunto non vai con el, está equivocado”.


















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



