Cervo, 6 de agosto de 2013,- Citas clásicas como a Festa do Ovo Frito, a Queimada Popular ou o Mercado Tradicional mesturaranse cos eventos deportivos, os actos litúrxicos, os xogos para nenos ou as actuacións musicais para conformar o programa das festas patronais de Cervo na honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme.
A edil de Cultura, Begoña Alonso e a comisión de festas conformada por membros das asociacións Airiños do Xunco, a Sociedade Deportiva Cervo Sargadelos, a Comunidade de Montes e o Concello deron a coñecer hoxe o cartel e o programa das festas, que arrincarán o día 12 coa inauguración da exposición de manualidades no Ecomuseo, na que se amosarán os traballos realizados polo alumnado dos cursos de costura e bordado, encaixe, e manualidades organizados pola Asociación de Veciños Cervo Sargadelos. Unha mostra que permanecerá aberta durante as festas en horario de 18:00 a 20:30 horas, agás o sábado, que se poderá visitar durante todo o día. Ese mesmo luns, a partir das 19:00 horas, terá lugar un concurso de debuxo infantil.
Os actos continúan o martes ás 21:00 horas, co ensaio xeral da Queimada. O mércores día 14 terá lugar a inauguración oficial das festas co pregón, ás 20:00 horas. Media hora despois chegará a cita gastronómica desta celebración, a VIII Festa do Ovo frito na que se prevé manter o nivel de participación do ano pasado servindo unhas 1.800 racións que inclúen dous ovos fritidos, patacas, chourizo á grella, pan e bebida por un prezo módico de cinco euros.
O día 15 comezará coa misa solemne na honra da Nosa Señora, procesión da Virxe da Asunción e do Carme, con ofrenda floral aos mariñeiros, prevista para as 13:00 horas. Unha hora máis tarde arrincará a sesión vermú coa orquestra Millenium. Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas, desenvolverase o tradicional Trofeo Sargadelos que enfrontará á S.D. Burela e á S.D. Cervo Sargadelos. Outro dos actos habituais, como é o Festival Folclórico “Airiños do Xunco”, dará comezo ás 19:00 horas e incluirá as actuacións de Airiños do Xunco e Labradores de Trofa (Portugal). A verbena a cargo da orquestra Millenium arrincará ás 22:30 horas.
Os actos festivos continúan o venres 16 de agosto coa misa solemne e procesión na honra de San Roque ás 13:00 horas e a sesión vermú coa orquestra Madeira ás 14:00 horas, que tamén ofrecerá a verbena a partir das 22:30 horas. A tarde estará dedicada aos máis pequenos como é habitual, coa festa da escuma e xuncada, e xogos populares para todos das 18:00 ás 20:30 horas.
O último día das festas, o 17 de agosto, inclúe as dúas citas con máis tradición no programa como é o XV Mercado Tradicional, a partir das 10:00 horas, e a Queimada Popular, a partir das 23:00 horas, de Interese Turístico Galego, que este ano chega á edición número 35 e na que se representa o ritual da queimada, que despois se sirve entre os asistentes. A noite rematará coa verbena a cargo da orquestra Océano e o Dúo Diamantes.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



