Ribadeo, 13 de agosto de 2013. O presidente do Partido Popular en Ribadeo, Jesús López Penabad, destaca as inversións da Xunta de Galicia para mellorar a estación de autobuses ribadense, as instalacións do campamento xuvenil de A Devesa e a praza de Santa Catalina, en Rinlo.
López Penabad explicou que “la semana pasada recibimos la visita que hizo el jueves el director xeral Ovidio Rodeiro, quien anunció una inversión de 157.000 euros en el campamento de A Devesa para renovar sus instalaciones; y en la misma línea el viernes nos vino a visitar el conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (MATI), Agustín Hernández, y la directora xeral Encarnación Rivas, para inaugurar la plaza de Santa Catalina, en Rinlo, con una inversión de unos 140.000 euros”.
O presidente do PP en Ribadeo engadiu que na estación de autobuses ribadense “se va a hacer otra inversión por parte de la Xunta de Galicia para renovar esa infraestructura construida ya cuando gobernaba el Partido Popular en Ribadeo”. A administración autonómica destina 1,58 millóns de euros para mellorar 37 instalacións deste tipo en Galicia e unha delas é a ribadense.
Jesús López Penabad destaca as inversións que está facendo a Xunta de Galicia en Ribadeo, aínda que “nuestro alcalde, Fernando Suárez, siempre se está quejando de que la Xunta lo tiene olvidado. Pero en esta pasada semana se dieron a conocer estas tres obras: una ya está realizada, otra se iniciará en breve y la tercera comenzará posteriormente, lo que indica que seguimos realizando actuaciones en el municipio de Ribadeo”.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



