Riotorto- 22 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Riotorto pregúntalle ao tenente de alcalde, José García, se vai facer o traballo de tonto útil politicamente e se venderá aos veciños como fixo o propio rexedor, Federico Gutiérrez, en relación á renuncia de construír unha residencia de maiores en Riotorto.
Dado que o alcalde non deu resposta as preguntas dos populares, dende a formación política queren saber se José García comparte esta presunta negociación no BNG para que o investimento destinado a dotar a Riotorto dun centro de maiores, se leve a cabo no concello de Ribadeo.
Os populares aclaran que o seu partido non está en contra de que se leven a cabo iniciativas que beneficien aos ribadenses, pero reprenden que este feito vaia en detrimento dos veciños de Riotorto, que cunha importante porcentaxe de poboación maior, non contará con este servizo dado a “falta de xestión do goberno nacionalista que preside Federico Gutiérrez”.
O Partido Popular denuncia que esta situación “nos leva a estar ante un alcalde que vende aos seus veciños”, ademais “de enganalos coa promesa de construír unha residencia, que lle supuxo aos riotortenses un custo engadido dado aos intereses do préstamo para a compra de terreo que finalmente non se materializou”.
Neste senso, dende o PP local pregúntanlle ao tenente de alcalde se non eran conscientes da necesidade de prazas concertadas e de que o concello non podería sufragar o custe que lle tocaba da residencia, ante de vender a “bombo e platillo” esta infraestrutura.
Ademais, os populares tamén lle preguntan a José García que de ver inviable o proxecto da residencia, por qué solicitaron un préstamo que supuxo uns intereses de entorno a 22.000 euros.
“Enganaron aos veciños”, reinciden os populares e polo que “esiximos explicacións ao tempo que dende o PP local esperan que o tenente de alcalde non “venda aos riotortense igual que fixo o rexedor e desta vez si nos dean explicacións ao respecto”.
Un servizo de gran demanda para o municipio
Os populares de Riotorto lamentan que a falta de xestión do goberno municipal xunto a renuncia a unha subvención de 1.200.000 euros para construír a residencia, estea a privar aos veciños dun servizo que non conta o municipio e de vital importancia para a localidade.
O Partido Popular de Riotorto censura que un alcalde evite que un concello, onde o 40% dos habitantes son persoas maiores dos 64 anos, dispoña dun centro para eles; ademais de denuncia a súa consecuente perda de postos de traballo que crearía a dotación desta infraestrutura.
“É lamentable” reinciden os populares que o concello, que só debería adquirir os terreos, non foi quen de levar a cabo as xestións oportunas para que Riotorto dispoña dunha residencia de maiores.


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



