Coa recente suba da luz, da enerxía eléctrica que consumimos, están claras dúas cousas que nos últimos anos de crise case se duplicou o seu prezo para o consumidor e que temos una das enerxías eléctricas máis caras de Europa.
Segundo as estatísticas a suba do 1 de agosto é do 3,2%, que non podemos esquecer que se suma a de 1,2% do pasado mes de xullo e din que faltaría subilapretodun 10% en 2014. Non obstante as estatísticas debemos saber que nos contan verdades a medias ou segundo como se empreguen mentiras. Todo o mundo lembra o famoso exempro de que se eu como 2 polos e vostede ningún, a estatística dirá que comemos un polo cada un, o cal para vostede que non comeu ningún é unha auténtica mentira.
Pois ben, o que se puxo en marcha, o pasado 1 de agosto é unha nova base tarifaria da enerxía eléctrica. Na factura da luz cóbrannos por diversos conceptos, un deles é o termo de potencia, outro o consumo, alquiler de aparatos, impostos, etc. O termo de potencia é unhacantidade que nos cobran, segundo a potencia instalada, só polo feito de que vostedepoida consumir cando lledia a gana, é o que chámamos o mínimo. O termo de potencia sobe arredordun 50% e para compensar baixan o consumo ata un 60%. Esto é se vostede ten unhavivendavaleira, que non ten consumo, vaille subir a luz que non consume nunhacantidademoi importante, pero se vostede consume moito, como lle van baixar o consumo pode que ata pague menos coa nova tarifa.
Ata aquí, máis ou menos é o acordoao que chegaron as compañías eléctricas co ministerio; subirlle a luz, a quen non a consume, vivendasvaleirasou con pouco consumo e baixarllaaos que consumen moitaenerxía. A valoración política cada quen debe facer a súa, pero está claro que vainaliña de favorecer aos que máis consumen e facer que paguen os que aforran a luz, unha vez máis a clase media. Nalgúnxornal decía o ministro que a suba era pequena, decía tamén que había que diminuir o consumo. Visto o visto, máis ben é ao revés, os consumidores teremos que baixar ata o mínimo a potencia instalada e despois consumir toda a que nos faga falta. Coidado porque os novos contadores cortan a luz en canto nos pasamos da potencia instalada. As compañías eléctricas deben baixarnos a potencia instalada se así llelo solicitamos.
Unha última apreciación, os medios de comunicación non nos informaron deste cambio na tarifa eléctrica, limitándose a recoller a versión oficial, non obstante algún sí o fixeron, lea estes enlaces:
http://www.expansion.com/2013/07/17/empresas/energia/1374064186.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/08/06/factura-luz-aumentara-77-viviendas-vacias/0003_201308G6P23991.htm.
Pedro Chao Polo




















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



