Foz, 3 de agosto de 2013. O vicepresidente da Deputación e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, vén de asinar un convenio de colaboración, por valor de 7.000 euros, co club kayak de Foz, para financiar os gastos derivados das súas actividades, entre as que se atopa a LI Travesía Ría de Foz, que se vai celebrar mañá, 4 de agosto.“Este convenio é unha proba máis do compromiso que ten adquirido a área de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo co deporte de base e cos deportes náuticos, todo un referente nesta comarca”, precisou Veiga.
A LI Travesía Ría de Foz, disputarase mañá domingo, 4 de agosto, dentro da XVIII Copa Galega de ríos e travesías, na que se espera participen todos os equipos inscritos na Liga Galega de Piragüismo, o que se traduce en máis de medio centenar de padexeiras e padexeiros, distribuídos nas categorías sénior, júnior, cadete e veterana. Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e para os tres primeiros clubs, que se entregarán ao finalizar a regata.
“Estamos ante a segunda travesía máis antiga de Galiza, e a terceira máis antiga do Estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño, e polo tanto é unha das citas máis importantes do calendario mariñao, converténdose nun elemento de atracción turísitica tanto para Foz e arredores”, concluíu o vicepresidente.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
