Lugo, 6 de setembro de 2013.- O Plan de Banda Larga da Xunta posibilitou que, hoxe, arredor de 326.000 habitantes da provincia de Lugo dispoñan de acceso á rede. Dende o inicio do Plan, este facilitou xa que máis de 136.000 habitantes da provincia de Lugo que carecían de cobertura poidan acceder á rede. Así o indicou hoxe en rolda de prensa a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
A máxima representante do Executivo galego en Lugo significou que na provincia hai 9.929 núcleos de poboación, dos que xa se cubriron, grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta, máis de 8.400 (un 84,7%)*.
Así, subliñou Arias, “a porcentaxe de poboación con cobertura pasou do 54% en 2010 a preto do 93% a día de hoxe, rexistrando o incremento máis importante de todas as provincias galegas”. Deste xeito, “o plan avanza na redución da fenda dixital entre as provincias do interior e as do eixo atlántico, que pasou dun 20% en 2010 a un 2% actualmente”.
O plan, que se puxo en marcha en 2010, é un plan a catro anos que se desenvolve de xeito progresivo nos núcleos da comunidade galega sen cobertura, nos que cuestións como a dispersión poboacional ou a orografía dificultan os despregamentos. De aí que, nalgúns concellos haxa zonas nas que xa se completaron as actuacións e noutras nas que se completarán ao longo deste ano e con cobertura vía satélite durante 2014.
O plan está a impulsar o despregamentos de redes fixas e sen fíos “e conta cun programa de axudas para a conexión vía satélite para aquelas zonas nas que non é posible facilitar o acceso a internet con ningunha outra tecnoloxía”. Estas medidas están destinadas á dotar de cobertura a todos os galegos. Pero ademais o plan ten outro obxectivo que é impulsar a implantación na comunidade.de redes de Nova Xeración (NGAs) con ata 100 Mbps de velocidade.
Conexión vía satélite para as zonas máis illadas da Comunidade
Para as zonas máis illadas da Comunidade, nas que non é posible o acceso a internet mediante outra tecnoloxía o plan contra cun programa de axudas para a conexión vía satélite. “Está aberta a segunda convocatoria de axudas para contratar Internet vía satélite por parte de fogares e pemes das zonas con máis dificultades de cobertura de toda a Comunidade, que poderán solicitar estas achegas ata o próximo 30 de setembro”, enfatizou Arias.
O programa conta este ano “cun investimento de 359.000 euros e permitirá achegar a banda larga a arredor de 2.000 fogares e pemes que non dispoñan de acceso á banda larga de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía”.
“O pasado ano se beneficiaron destas axudas máis de 260 familias e pemes da provincia de Lugo”, explicou Arias, máis que ningunha outra adminitración oficial na provincia de Lugo. As demandas de axudas procederon de toda a provincia, se ben concentráronse solicitudes de concellos das comarcas de Lugo, a Terra Chá e Sarria.
O investimento total das axudas na comunidade é de 1.077.000 euros ata 2014 para dotar de cobertura a máis de 5.400 fogares e empresas das zonas galegas máis illadas, dispersas e de orografía complicada, onde o acceso a Internet só é posible vía satélite.
Beneficiarios e importe das axudas
Os beneficiarios das axudas serán fogares e empresas con enderezo en Galicia que non dispoñan de acceso á Rede, de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía. O programa establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do equipamento do interior da vivenda ou empresa preciso para distribuír a sinal de banda larga, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.
As entidades colaboradoras ofrecen servizos de internet vía satélite de ata 20Mbps de velocidade de baixada ao abeiro desta convocatoria. A alta de liña e o importe da tarifa do primeiro mes será asumido pola entidade colaboradora e, por tanto, gratuíto para os beneficiarios.
As axudas tramitaranse a través de 4 empresas provedoras do servizo de Internet vía satélite acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta, Duo Telecom, Eurona, Quantis e Terrachá Technoloy. Poderanse sumar novas entidades colaboradoras ata que remate a vixencia das bases (2013-2014).
| Empresa | Contacto |
| Duo Telecom | web : www.duoteleco.es Telf: 900 373 514 e 986 866 658 correo electrónico: info@duoteleco.es |
| Quantis | web : http://www.quantis.es e http://www.bandalarga.es/ Telf: 900 102 504 |
| Eurona | web: www.eurona.es e http://www.eurona.net/Galicia/ Telf: 900 84 84 04 e 901 444 888 fax: 93 467 05 20 correo electrónico: soporte-operador@eurona.net |
| Terrachá Technology | web : www.terrachatechnology.es Telf: 800 00 77 03 correo electrónico: terrachatechnology@gmail.com |
Redes de 100 Mbps
Ademais de dotar de acceso a internet a todos os galegos, outro dos obxectivos do Plan é impulsar a implantación de redes NGAs, que permiten velocidades de ata 100Mbps. Na provincia de Lugo preto de 151.000 persoas da provincia xa teñen acceso a estas redes.
Cómpre destacar que Galicia é das primeiras comunidades da Unión Europea en incentivar a extensión deste tipo de redes. O Plan permitiu que, ata finais de 2012, sexan xa máis de 1,1 millón os galegos que teñen acceso a estas redes máis punteiras.
Punto de partida e orzamento
Tras un exhaustivo estudio sobre a cobertura de banda larga na Comunidade a Xunta detecta que en 2010, só o 71% da poboación tiña cobertura de internet e que a banda larga non chegaba a todos centros de servizos públicos nin a todos os polígonos industriais. Para reverter esta situación promoveuse o Plan de Banda Larga, con seis actuacións, todas en marcha hoxe, e que conta cunha dotación pública-privada de máis de 237 millóns de euros.
Para consultar os avances do plan, cidadáns e empresas teñen a súa disposición a aplicación rede http://cobertura-pdbl.xunta.es, na que poden coñecer os avances do Plan no seu núcleo de poboación e tamén se poden informar na oficina de banda larga oficina.bandalarga@xunta.es e no teléfono 981.957.868.




















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



