OS vindeiros 1, 2 e 3 de novembro terá lugar en Madrid o II Congreso Nacional de UPyD. Será o momento de que os afiliados debatan o programa político da formación e enriquezan o mesmo coas ideas e propostas traídas de todas as provincias de España. Deste Congreso tamén sairá un novo Consello de Dirección elixido polos afiliados.
Galicia estará moi presente no debate e na toma de decisións cunha ampla representación de delegados que levarán a Madrid as opinións e propostas dos afiliados e cidadáns galegos.
Este xoves celebraranse as eleccións internas das que sairán elixidos eses representantes que levarán as inquietudes e sentir dos galegos a un Congreso Nacional que se presenta como decisivo de cara ás citas electorais que se aveciñan.