O club deportivo Marqués de Casariego de Tapia participa esta fin de semana do 21 e 22 de setembro o Memorial Fernando Iglesias. Así, pois, teñen previsto viaxar a terras cántabras para subir no teleférico e comezar a ruta desde o Mirador do Cable ata H.orcaos Rojos, dende onde se pode contemplar o Picu Urriellu, mítico lugar onde repousan para sempre os restos do amigo Nando. A saída está prevista para as 16.30 horas dende Tapia e o prezo da actividade é de 58 euros ou 48 para os socios ou 38 para os socios colaboradores onde se inclúe a viaxe en bus, a pernoctación do sábado, o almorzo do domingo e o teleférico. Os interesados poden poñerse en contacto con: 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva).
Memorial Fernando Iglesias
Memorial Fernando Iglesias
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón