Non puido ser. O Atlético de Madrid proclamouse campión da Supercopa de España tras caer derrotado en Vista Alegre por 2-0 ante un Burela Pescados Rubén que xogou ben as súas bazas e acariñou a opción da remontada. O resultado do choque de ida (5-1) resultou determinante nunha final (5-3) marcada polos minutos finais do encontro en terras madrileñas. O Burela Pescados Rubén afrontou o reto da remontada arroupado pola súa afección e mostrou coraxe para discutir o título a un conxunto blanquivermello conservador. A punto estivo o Burela de aproveitar esta circunstancia para dar a sorpresa, a falta de acerto nas ocasións xeradas impediu aumentar a dose de emoción e incerteza polo título.
No primeiro período a intensidade e o aspecto defensivo foron protagonistas. As madrileñas expuxeron pouco en ataque, en busca dunha contra que difuminara a remontada laranxa. Pola súa banda, a escuadra dirixida por Quico Otero buscaba a súa oportunidade para iniciar a escalada e gozou dun par de ocasións por mediación de Lidia e Lara. Co bonus blanquivermello de faltas completo, Lidia dispuxo dun dobre penalti, minuto17, que lanzou demasiado alto. Sen movemento no marcador chegouse ao descanso.
No segundo acto, as burelás intensificaron o seu dominio e chegou o tanto de Peque a pase de Bea Mateos, minuto 22, que abría un buraco á esperanza. O choque transcorría con demasiadas imprecisións por ambos conxuntos e Quico Otero, a doce minutos do final, decidiu apostar polo xogo de cinco. No minuto 29, Ju Delgado foi expulsada por dobre cartón amarelo e o Burela logrou sacar proveito a superioridade numérica. Antes, as blanquivermellas gozaron dunha gran ocasión de Anita Luján cuxo disparo golpeou ambos paus. Maite non perdoou e marcou o 2-0 pescando un balón solto no área visitante.
O 2-0 aumentou a intensidade de Vista Alegre e un Atlético dubitativo entregouse definitivamente á procura de contragolpe mortífero. As mariñás que mantiñan a súa aposta de cinco en busca dun terceiro gol que alimentase a esperanza non se rendían. Coas locais envorcadas, o Atlético logrou conectar unha contra pero Patri gañou a partida no man a man con Natalia. No tramo final, chegaron as mellores ocasións laranxas para escalar na remontada pero a escasa definición impediu complicar o triunfo madrileño.
FICHA TÉCNICA
Burela Pescados Rubén: Patri, Claudia, Peque, Bea, Maite –cinco inicial- Lidia e Lara.
Atlético de Madrid: Belén, Ju Delgado, Anita Luján, Ro, Cris Llano –cinco inicial- Rocío Sevilla, Leti, Natalia, Fabi e Jenny.
Goles: 1-0, m.22, Peque; 2-0, m.31, Maite.
Árbitros: Presedo García e Amor Vizoso. Colexio galego. Amonestaron con cartón amarelo a Peque, do Burela Pescados Rubén. No Atlético de Madrid expulsaron a Ju Delgado por doble cartón amarelo
Incidencias: Partido de volta da XI Supercopa de España disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 800 espectadores. Ademáis dos representantes da Real Federación Española de Fútbol, institucións e organismos oficiais; cabe destacar a presencia na final do seleccionador nacional de fútbol sala, José Venancio López Hierro.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
