Santiago, 25 de setembro de 2013.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou, por unanimidade, a iniciativa do Grupo Popular que demanda un aumento da cota da pescada do norte. Unha petición que a Cámara galega quere que se materialice xa para o ano en curso, reclamando a Bruxelas que autorice un aumento das posibilidades de pesca neste mesmo 2013.
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, quixo salientar que estamos a falar dunha demanda especialmente beneficiosa para a flota galega do Gran Sol xa que se trata da pescada, a principal especie comercial para Galicia. De feito, o seu aproveitamento é fonte de traballo para os profesionais do mar que desenvolven a súa actividade en preto de 90 embarcacións das flotas galegas de arrastre e palangre de fondo, aos que habería que sumar un amplo sector transformador e comercializador.
ECO Á DEMANDA DO SECTOR
Balseiro tamén quixo amosar a súa satisfacción porque a Cámara galega asuma unha demanda que comparte o propio sector pesqueiro e agradeceu, en este senso, a asistencia dos representantes das principais organizacións da flota que estaban na tribuna do Parlamento en sinal de apoio a esta petición.
APOIO DA XUNTA E DO MINISTERIO
O portavoz popular do Mar tamén explicou que o acordo do Parlamento de Galicia engádese á posición favorable xa manifestada tanto pola Xunta como polo propio Ministerio do ramo que, “xa traballan nesta posibilidade e xa contan con importantes aliados como é o Goberno de Irlanda no seu intento de convencer ás autoridades comunitarias”,
En todo caso a iniciativa popular, queda reforzada co apoio unánime do Parlamento galego, isto é, co voto favorable de populares, socialistas, e deputados de AGE e do BNG, as catro forzas políticas con representación na Cámara
PRECEDENTE
Balseiro Orol concluíu sinalando que Bruxelas ten base para adoptar esta decisión xa que logo a petición formulada para o aumento da cota da pescada tivo un precedente, o acontecido co aumento da cota dos lanzón no ano 2010. Naquel momento Dinamarca solicitou a e UE autorizou un incremento que afectou tamén ao TAC do ano en curso.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



