A comarca da Mariña concreta os últimos preparativos para recibir este sábado ao gran campión de Liga, Copa de España, Copa do Rei e Supercopa. O FC Barcelona saltará á pista da bomboneira para medirse á ilusión laranxa do CD Burela Pescados Rubén (18.30 horas).
O cadro de Juanlu esperará en voandas ao xigante por excelencia do fútbol sala, co apoio dun Vista Alegre entregado e ata a bandeira na súa tentativa de ir consolidando os seus pasos na liga para encher de alegría á familia burelista. A maxia da Mariña intentará retar a un titán que chega en cuarta posición con 12 puntos, tras o sorprendente empate da sexta xornada, o mércores na casa con Peñíscola (3-3). Ata o momento, outros dous rivais conseguiron arrebatarlle puntos, Inter Movistar e Santiago Futsal con 2-2, na terceira e cuarta xornadas respectivamente. Este non é o seu mellor momento, pero a reacción pode ser inmediata e imparable.
A expedición barcelonista, que chegará a Burela este venres sobre as 18.00 horas, está integrada por Cristian, Ari, Sergio Lozano, Saad, Fernandao, Paco Sedano, Aicardo, Torras, Gabriel, Lin, Igor e Wilde. No vestuario mariñán vestiranse Edu, Mimi, David Burrito, Iago Míguez, Isi, Juanma, Matamoros, Christian, Álex, Carlitos e Antoñito; Hugo cumprirá o último partido de sanción pola expulsión de Lugo.
Invitado de luxo
Vista Alegre contará este sábado cun invitado de luxo na bancada para a gran cita do fútbol sala, o seleccionador nacional, José Venancio López Ferro. Antes de presenciar o encontro da sétima xornada de Primeira División en Burela, pola mañá, o técnico da Vermella apadriñará a apertura oficial do Curso 2013-14 de formación de adestradores, baixo a organización da Federación Galega de Fútbol. “Planificación e organización da Selección Nacional Absoluta. Mundial de Tailandia 2012” será o título do relatorio de Venancio López, que comezará ás 11.00 horas, no IES Monte Castelo, con entrada aberta para todo o público interesado.
Entradas
No pavillón, as entradas estarán dispoñibles desde as 17.30 horas, con taquillas diferenciadas para socios (5 euros/maiores de 14 anos e 1 euro/de 0 a 13 anos) e o resto do público (20 euros/maiores de 14 anos e 3 euros/de 0 a 13 anos).
*Foto: A Caixa Escura Producións






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
