Lugo, 14 de outubro de 2013. Este luns presentouse na Deputación a Universidade Rural de Barreiros, un proxecto creado polo colectivo cultural barreirense Ollomao, que pretende achegar o coñecemento ao rural, apostando polo propio, pois o rural é sempre tamén o centro do coñecemento. A Universidade Rural de Barreiros botará a andar o vindeiro 28 de outubro e comezará cunha semana de portas abertas onde, de xeito libre, todas as persoas poderán achegarse e se queren, nun futuro, formalizar a súa matrícula. Na presentación participaron o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga; o delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, e a presidenta do colectivo cultural Ollomao, Tamara Rubiños, maila súa vogal, Sandra Novo.
Para o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, “esta Universidade Rural nace, como non podía ser doutro xeito, nun sitio pequeno, onde acostuman a ter orixe sempre as grandes cousas e os grandes proxectos” e valorou positivamente tamén “que sexa un colectivo de base o promotor e xestor desta idea, xa que iso dá boa medida de que o asociacionismo está vivo, e que o rural non se rende e resiste, a pesar dos ataques que día a día está a sufrir”. Veiga afirmou tamén que “estas propostas merecen o respaldo da Área de Cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación, pois son as que poden contribuír á mellora da vida no rural, e sobre cando xorden das persoas e colectivos alí radicados, como é neste caso”.
“A diferenza doutros gobernos e doutras institucións que non teñen o mais mínimo respecto polas persoas que viven afastadas das cidades, aplicándolles brutais recortes nos seus dereitos e servizos, nós apostamos polo propio, polo noso, e poñemos todos os recursos posibles á disposición dos e das que seguen traballando nese medio” afirmou Antonio Veiga, que exemplificou estas afirmacións recordando como o goberno de Feijoo eliminou importantes servizos coma “Preescolar na Casa” ou o acontecido tamén co SAF, onde a Xunta se desentendeu totalmente do mesmo, ou o servizo de Teleasistencia Domiciliaria no que o goberno de Rajoy reduciu a súa aportación a 0 euros.
Tal e como explicou a presidenta do colectivo Ollomao, “a Universidade Rural é unha oferta educativa formativa e cultural alternativa dirixida ao medio rural, inexistente até agora neste espazo. O programa divídese en 5 “sementes” ou áreas de coñecementos (que se poderían comparar cos graos das universidades regradas): Ciencias Sociais, Enxeñería do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Comunicación e Opinión Pública, e Produción Artística e Publicidade.
O espazo físico onde se van desenvolver estas iniciativas son as escolas rurais, agora sen actividade lectiva. En Barreiros son 13 as escolas rurais existentes coas que tamén se pretende encher de vida a través da posta en marcha da Universidade Rural. É un proxecto que a pesar de ter nesta primeira andaina un obxectivo a nivel local, ten vocación tamén de poder estenderse a mais localidades e comarcas.
Tamara Rubiños destacou que “o funcionamento da Universidade Rural de Barreiros céntrase en permitir que todas as persoas poidan adquirir formación práctica para o desenvolvemento da súa vida, sexa cal sexa o seu nivel de estudos e a súa idade, e non vai dirixida a acadar unha titulación. Por iso aproveitamos as potencialidades das persoas veciñas de Barreiros, e doutras localidades do arredor, que acadaron un nivel de ensino superior e/ou universitario e dispoñen de capacidade académica suficiente para poder transmitir os seus coñecementos a aquelas persoas non formadas nos mesmos”. Todas as persoas que desexen asistir poderán inscribirse contactando co Colectivo Cultural Ollomao tanto no correo-e (colectivo.cultural.ollomao@gmail.com) como por teléfono no 650542932. As opcións de matriculación van dende asistir a unha única semente (15€ en total) ata asistir ás cinco (50€ en total). As opción intermedias serían: 2 sementes, 25€; 3 sementes, 35€, e 4 sementes, 45€; a combinar como cada persoa desexe.
Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación, destacou na súa intervención que “se cadra é o proxecto cultural e educativo máis importarte dos últimos tempos no rural lucense pola súa clara aposta de democratización da cultura. Oxalá isto que comeza de xeito ilusionante perdure e se estenda noutros lugares con semellantes posibilidades”.























Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



