A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns a nova programación de actividades gratuítas para persoas de todas as idades, que a institución impulsa dende o Centro de Interpretación Terras do Miño. López Izquierdo avanzou que esta iniciativa inclúe obradoiros, conferencias e rutas de sendeirismo, que se levarán por toda a provincia, poñendo en valor a riqueza natural lucense.
Deste xeito, o organismo provincial levará 15 obradoiros (8 para nenos, 5 para adultos e 2 para toda a familias) a Ribadeo, Viveiro, Monforte de Lemos e Ribas de Sil; celebrará 3 rutas de sendeirismo nos Ancares, Guitiriz e O Courel; e ofrecerá 2 conferencias no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no contorno do Río Rato.
Os 15 obradoiros terán lugar nos seguintes puntos e datas:
– Coñece o teu entorno, que terá lugar o 28 de outubro en Viveiro; 9 de novembro en Lugo; 14 de decembro en Ribadeo e 28 de decembro en Ribas de Sil.
– Economía sostible no fogar, 14 de novembro e 12 de decembro en Lugo; 29 e 30 de outubro en Viveiro; 27 e 28 de novembro en Ribadeo; 4 de novembro en Monforte, e 28 de decembro en Ribas de Sil.
– Achegamento á micoloxía-I, 16 de novembro, Centro de Interpretación Terras do Miño.
– Achegamento á micoloxía-II, 30 de novembro, Centro de Interpretación Terras do Miño.
– Xogando no Centro de Interpretación Terras do Miño, 6, 7 e 8 de decembro.
– O Nadal chega ó Centro de Interpretación, 26 e 27 de decembro.
– O bosque dos sentidos, 2 de xaneiro no Centro de Interpretación.
– Paseo polo bosque máxico, 3 de xaneiro, no Centro de Interpretación.
Rutas e charlas
As rutas temáticas son as seguintes:
– 27 de outubro: “Augas levadas”, Serra do Caurel
– 24 de novembro: “Augas que furan”, Covas de Furco
– 15 de decembro: “Augas que curan”, Guitiriz
As charlas que ofrecerán recoñecidos expertos son:
– A interpretación do patrimonio como ferramenta de comunicación e xestión en espazos naturais e bens culturais, 24 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño:.
– Curiosidades micolóxica: 21 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.
As persoas interesadas en participar en calquera destas actividades pode obter máis información e inscribirse na páxina web www.deputacionlugo.org ou chamando ó teléfono 982 227 812.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



