O Grupo de Acción Costeira GAC1-A Mariña Ortegal concedeu unha axuda á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro para a posta en práctica do proxecto RECUPERACIÓN, DIVULGACIÓN E POSTA EN VALOR DO REMO TRADICIONAL NA RÍA DE VIVEIRO.
A Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro colabora deste xeito coa ACD PENALBA de Celeiro para impulsar un deporte propio da zona.
A axuda concedida ascende a 24.470,71 euros repartida en dúas anualidades, no 2013 e no 2014, financiando o GAC o 80 % do Proxecto presentado.
Dentro do Proxecto presentado concédese como subvencionable a adquisición dunha furgoneta para polo en marcha. A Cofradía de Pescadores de Celeiro adquire para o Clube de Remo Celeiro-ACD PENALBA unha furgoneta marca RENAULT.
O sábado 12 de outubro de 2013 procédese á presentación da furgoneta á cal acuden membros da Directiva da Asociación Cultural e Deportiva Penalba e o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, Domingo Rey Seijas.
DENDE A ACD PENALBA DE CELEIRO AGRADÉCESE Á COFRADÍA DE PESCADORES SANTIAGO APÓSTOLO DE CELEIRO O APOIO INCONDICIONAL E CONTÍNUO AO REMO E Á ASOCIACIÓN EN CADA UNHA DAS SÚAS ACTIVIDADES.