Lugo, 18-10-2013 – Logo de que o Grupo Provincial Popular veña denunciando dende fai tempo de presuntas irregularidades en varias obras da Deputación de Lugo e de ver como membros de goberno do ente provincial presumen da boa xestión económica, a voceira dos populares, Elena Candia, puxo de manifesto que o seu grupo non está a xudicializar a política, senón que son os feitos os que indican que existen indicios que poden ser delito.
Afirmou Candia que a xestión da Deputación é nefasta e o Señor Besteiro é cómplice da falta de rigor das obras; para contrastar a imaxe de boa xestión da que presume o organismo provincial, poñemos de exemplo, na obra de Portomarín, construcción que no seu momento xa denunciaron os populares e que son agora os feitos os que mostran que pode haber indicios de delito.
“Hoxe coñececemos que o xuzgado investiga unha obra provincial de Portomarín, onde se levou a cabo a aprobación do presuposto de obras adiccionais a obra: “Portomarín-Acondiccionamento C.P: 4902 “Do Alto do Valiño” por Vilaxuste a Valdeporrás” por importe de 183.455,95 euros máis 33.022,07 de IVA e que o concello non tiña idea algunha de dita obra sabendo, polo contrario, que a misma estaba completamente rematada en base a unha subvención anterior por importe de 570.000 euros”- manifesta Candia quen engadeu que en dita obra acreditábase este feito, terminación anterior, por acta noctarial de presenza e incorporación de fotos, e por informe pericial que a obra levaba moito tempo acabada e que non se sabía nin se explicaba a razón desa nova subvención para unha obra que levaba anos rematada
A popular insiste en que hai indicios máis que suficientes de que se están producindo posibles irregularidades en obras levadas a cabo en varios concellos da provincia que suman máis de 6.5 millóns de euros
“Atopámonos con obras que se comprometeron e non se cumpriron; con atrasos no prazo de execución das obras; con reiterados proxectos de reforma de modificados do proxecto; coa aprobación de obras adicionais que, tras facerlles seguimento e ter rematado o prazo de execución, non se chegaron a acometer; con, incluso, rexedores socialistas que alertan de posibles irregularidades por pagos de certificacións sobre obras que non se acometeron e con informacións, que estamos estudiando, sobre o posible destino de fondo á conservación de estradas para proxectos de obra en época electorais, conlevando que a escaseza da partida destinada a mantemento e conservación”- lembrou Candia.
A voceira do GPP concluíu afirmando que o Grupo Provincial Popular non xudicializa a política pero son os feitos os que demostran que existen indicios que poden ser delitos.





















Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



