A Concellería de Medio Ambiente informa de que este mércores 9 de outubro unha empresa autorizada procederá a desinsectar a zona da rúa da Aldea, no núcleo de Cervo, onde nos últimos días se detectou a presenza de pulgas, tal e como xa anunciara o Concello a semana pasada. O tratamento de exterminación iniciarase ás 11:00 horas e o obxectivo é rematar co foco de orixe atopado nesa zona.