Burela, 16 de decembro de 2013. O Concello convoca o III Concurso de Lemas e a VII edición do Concurso de Microrrelatos. Ambos certames realízanse con motivo da celebración o 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Segundo explica a concelleira de Muller e Igualdade, Diana Durán, “o obxectivo do concurso de lemas é transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”. Poderán participar no III Concurso de Lemas todas as persoas empadroadas en Burela, que poderán enviar ata un máximo de 5 lemas á seguinte dirección de correo electrónico: cim@burela.org No asunto debe figurar o nome do certame, o seu nome completo, o seu número de teléfono e tamén unha dirección de correo electrónico á que poida responder.
A edil popular subliña que “o lema debe constar de sete palabras como máximo e debe ser o suficientemente significativo e estar relacionado co tema proposto. Entre todos os enviados escollerase un, que será o que distinga a celebración do día internacional contra a violencia de xénero do vindeiro do 2014”.
O prazo de entrega de lemas rematará o 15 de novembro. O xurado pode declarar deserto o concurso. O lema gañador darase a coñecer nun acto público que terá lugar o 25 de novembro na Casa do Concello.
No VII Concurso de Microrrelatos poderán participar tamén todas as persoas empadroadas en Burela. Establécense dúas categorías: menores de 18 anos e desa idade en diante. A temática deberá axustarse á conmemoración do 25 de novembro. Diana Durán indicou que “os traballos teñen que presentarse en folios tamaño A4, cunha extensión máxima de media folla, con tipo de letra times new roman tamaño 12, en lingua galega segundo a normativa vixente e, no caso de ser posible, en soporte informático. Todos os traballos que se presenten serán inéditos e non presentados en anteriores concursos. Os orixinais quedarán en poder do CIM do Concello de Burela, que se reserva o dereito da súa publicación, exposición, doazón ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro”.
Un xurado composto por persoas do mundo da cultura e das letras, do Concello e do CIM, decidirá cales son os dous traballos gañadores. O premio consistirá nun agasallo valorado en 75 euros para cada unha das categorías.
Os microrrelatos, asinados cun pseudónimo, deberán entregarse antes do 15 de novembro no CIM de Burela, na rúa Eijo Garay, 20. Deberán ir nun sobre ao que se adxuntará outro pechado no que figurarán os datos da persoa autora do microrrelato.
Ao igual que co concurso de lemas os premios daranse a coñecer no acto público que se celebrará o 25 de novembro. Desde a Concellería de Muller e Igualdade lembran que “a participación en ambos concursos supón a aceptación de todas as súas bases”.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



