Lugo, 18 de outubro de 2013. Esta mañá o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, anunciou diante dos medios de comunicación que finalmente, tralas negociacións que se viñeron producindo nos últimos días e que culminaron hoxe, non se chegou a un acordo coa familia de Álvaro Gil para que as pezas da súa colección permanecesen en Lugo. Tal e como asegurou o delegado de Cultura, os motivos de non chegar a un acordo son as diverxencias económicas ao non cumprir a oferta feita pola Deputación as expectativas económicas da familia do mecenas.
Mario Outeiro fixo fincapé en que “a Deputación fixo todo o que estivo nas súas mans para que estas pezas quedasen no lugar onde estiveron expostas durante os últimos 40 anos, non en balde mantivéronse todo tipo de contactos escritos, telefónicos e persoais porque, ante todo, había por ambas partes unha vontade de negociación que evidentemente non se puido selar cun acordo polas diferenzas económicas”.
O delegado de Cultura e Turismo explicou que “desde o primeiro momento a familia contou cunha serie de propostas por parte da Deputación, que ían desde o depósito á adquisición, e hai que deixar claro que a familia en ningún momento aceptou o depósito, circunscribindo o posíbel acordo a unha adquisición, e no que só entraría a colección de ourivería, sen que entrasen neste acordo polo tanto as pinturas, co que se desmenten as informacións aparecidas nos medios nos que se publicaba que a Deputación non estaba interesada na colección de pintura”.
Xa unicamente contemplando a fórmula da adquisición, a Deputación encarga unha taxación a mans dun experto en arqueoloxía das 40 pezas que compoñen a colección de ourivería, tal e como relatou Mario Outeiro, e que deu como resultado unha cifra de 2.350.000 euros. Diante disto, a Deputación propón engadir a esta cifra, para a oferta á familia, 600.000 euros calculados sobre os custes procesuais do litixio mantido co ente provincial e que se remontan a hai 14 anos, comezando baixo goberno de Francisco Cacharro. Tal e como explicou Mario Outeiro, “sobre esta cantidade, incluíndo o prezo das pezas e custes procesuais, e sobre os prazos de pago, acordado en catro anos que esixirían a esta institución un esforzo ímprobo, había un acordo, máis a familia esixía poder reclamar danos e prexuízos polos anos que as pezas non estiveron a dispor dos propietarios, algo que nós non estabamos dispostos a asumir xa que estariamos deixando aberta a posibilidade a outro novo proceso xudicial, polo que nós incluímos xa de partida na nosa oferta os posíbeis danos e prexuízos que se causaran. Entre outras cousas porque non queríamos que acontecese o que a nós nos sucedeu: firmar agora un acordo e que o día de mañá, nós ou quen estea aquí se vise enfrontado a un proceso por danos e prexuízos contra a familia de Álvaro Gil. Nós entendemos que esta tiña que ser unha negociación pechada e unha vez chegados a un acordo rematarse definitivamente”.
En resumo, Mario Outeiro concluíu que “o acordo non foi posible por, basicamente, unha diverxencia económica que non se pode cuantificar pero que sería suficiente para traer problemas a esta Deputación a longo prazo. É polo tanto unha diverxencia explicable por quen ten que defender os intereses dunha institución pública, de todas e todos os lucenses, e explicable tamén polo interese económico dunha familia que o Tribunal Supremo acredita como lexítimos propietarios das pezas”.
Homenaxe a Álvaro Gil
“Independentemente do resultado das negociacións, a Deputación de Lugo ten moi claro que a provincia de Lugo, e Galiza, está en débeda co que foi o gran mecenas e activista cultural que foi Álvaro Gil Varela. E tendo en conta esta débeda, a Área de Cultura ten previsto realizar varios actos de homenaxe á súa figura, quen permitiu que en vida, durante todos eses anos, os lucenses puidésemos gozar de xeito gratuíto con estas obras”.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



