O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro pide ós Alcaldes que se pronuncien sobre a Reforma Local que foi aprobada este xoves polo pleno do Congreso. Gómez Besteiro presidiu este venres a reunión do Consello de Cooperación cos Concellos á que asistiron os Alcaldes representantes dos partidos políticos, ademais de Deputados provinciais e todos os grupos políticos. A eles advertiulles Besteiro: “A Lei de reforma da Administración Local aprobada polo Goberno de Rajoy supón o maior ataque que sufriu nunca o mundo municipal”. O Presidente insistiu en que limítase a quitarlles competencias e deixa sen resolver os verdadeiros problemas que ten a Administración Local. “Non clarifica competencias, non evita duplicidades, non simplifica a estrutura da administración local, nin resolve os problemas do financiamento que teñen os Concellos”, sentenciou.
Gómez Besteiro pediulles ós asistentes exhaustiva análise das repercusións da lei na súa xestión local, xa que a reforma “despoxa ás entidades locais de competencias en servizos públicos básicos” como os servizos sociais, a recollida de lixo, o abastecemento e auga potable, a limpeza viaria, a pavimentación das vías ou o tratamento de residuos, para atribuírllas ás Deputacións. O Consello decidiu dirixirse ós Concellos para que estes lle transmitan información concreta sobre as súas necesidades e os servizos que prestan para establecer as repercusións reais da implantación da lei en toda a provincia.
Unidade pola Ribeira Sacra
Na mesma xuntanza Gómez Besteiro solicitou unidade ós alcaldes para formar unha candidatura forte e conseguir que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade. O Presidente recordou que nos vindeiros días os 21 Concellos e outras administracións implicadas,- Xunta e Ministerio de Cultura- recibirán o convenio propulsado polas Deputación de Ourense e Lugo para fixar as vías de colaboración.
O Presidente da Deputación deu conta do estado doutras colaboracións da Deputación cos Concellos. Así explicou a situación de servizos en Novas Tecnoloxías como a dotación de conexións gratuítas e libres a internet nas prazas dos Concellos, que supón un aforro de 35.000 euros a cada municipio; o plan Satelíz@te, cun investimento de 385.000 euros, dotará de internet de calidade a preto de 450 familias lucenses que viven en zonas sen cobertura; a Deputación ademais xestiona un servizo de Atención ó Usuario para os concellos, do que desfrutan 51 administracións locais e 35 portais web de concellos, ademais das 177 actividades dirixidas ó público en xeral e que levaron a cabo os dinamizadores en novas tecnoloxías nos concellos da provincia.
A Deputación promove a cooperación e a dotación de servizos como medida de aforro para as arcas municipais, deste xeito os 46 Concellos adheridos ó Club dos Renovables aforrarán grazas ó programa de eficiencia enerxética, a custe cero para eles, unha media de 40.000 euros cada ano na súa factura eléctrica.
A contratación conxunta é outra das medidas implantadas pola Deputación que permite un importante aforro ás arcas municipais. Neste senso, o Consello solicitará datos concretos ós Concellos para analizar novos ámbitos de aplicación.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



