Foz, 11 de outubro de 2013. O goberno municipal de Foz levará a pleno e apoiará a proposta dos concelleiros do PSOE para construír en Forxán a nova estación depuradora de augas residuais e así desbloquear o inicio dos trámites para esta obra, que é prioritaria para o municipio debido aos problemas ambientais que orixina a depuradora que está no porto focense. Así o manifestou este venres o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen explicou que esta é a única solución posible e anunciou que este asunto aprobarase nun próximo pleno da corporación local para despois enviarlle a documentación á Xunta e que Augas de Galicia elabore o anteproxecto da obra.
“Dende o grupo de goberno do Concello de Foz queremos deixar claro que non estamos parados con respecto á depuradora. É ben certo que dende que iniciamos o mandato é un dos asuntos prioritarios e tal e como se quedou no ano 2008, cando non estábamos no goberno por certo, déronse diferentes alternativas á inicial, á que propoñía o Partido Socialista, fixéronse varios estudos e non demos só unha alternativa. A que defendía inicialmente o Partido Popular era Sarrido, pero déronse outras dúas opcións máis: unha no propio polígono e outra nos límites de Forxán e Fazouro”, lembrou o rexedor municipal.
Javier Castiñeira manifestou que “é imposible chegar a ningún acordo coa corporación que non sexa a ubicación en Forxán porque o único grupo que opta por unha situación viable é o Partido Socialista. O grupo de goberno ten claro que isto non pode quedar adormecido e como é inviable a primeira opción, tal como se plasmou no pleno hai practicamente un ano, esta é a única que nos queda para quitar a depuradora actual e resolver o grandísimo problema ambiental que ocasiona en Foz, proba disto foi o ocorrido durante os meses de verán cando se viu que hai vertidos, cheiros e malestar. A única solución evidentemente é ir a segunda opción viable que tiña o grupo de goberno, que é Forxán”.
O alcalde anunciou que “dende o día de hoxe vamos coller ese testigo que aporta o Partido Socialista, que en certo modo tamén entende, como o grupo popular, que non pode quedar así este asunto e estudar a opción de Forxán. Polo interese xeral hai que evitar calquera localismo e evidentemente o que se intenta é buscar unha solución que estea aprobada pola maioría da corporación para que os técnicos da Xunta de Galicia teñan xa unha ubicación definitiva. Así o percorrido empezará dende a corporación municipal de Foz e a partir de aí haberá que pasarlle todos os datos a Augas de Galicia para que realicen o anteproxecto e dean solución a un gran problema que ten actualmente o concello de Foz, como é a depuradora”.
Castiñeira tamén manifestou que “hai partidos nesta corporación que se esconden nos momentos difíciles, como ocorreu nos orzamentos ou coa ubicación da depuradora; que se esconden cando a corporación debe se forte. E hai outros que parece que están adoptando posicións responsables e dan alternativas. Evidentemente esta non é a opción que no seu momento pretendía levar a cabo o Partido Popular, pois era Sarrido, xa que era a mellor valorada. Pero é a segunda con mellor valoración. É certo que non había demasiada diferenza, estamos a falar dunha afección de 7 ou 8 casas, máis ou menos”.
Para rematar o rexedor municipal focense destacou que “o único que nos queda a día de hoxe é non durmirnos e tomar decisións. E este grupo de goberno non é a primeira vez que cede en diversas circunstancias: cedeu nos orzamentos e noutras moitas cousas. Evidentemente tócanos a responsabilidade de buscar as mellores solucións e a día de hoxe é a que nos queda. Polo tanto decidimos valorar a zona de Forxán e esperamos que o grupo socialista non dea para atrás, igual que deu no seu momento cos orzamentos deste ano, cando despois de ceder a todas as pretensións que nos pedían ao final votaron en contra. Espero que esa decisión do grupo socialista de apoiar a ubicación de Forxán sexa definitiva”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



