Lugo, 11 de outubro de 2013. Este venres, o portavoz do BNG na Deputación de Lugo e delegado de Cultura e Turismo da mesma, o nacionalista Mario Outeiro, na rolda de prensa trala Xunta de Goberno da institución, criticou a xestión do goberno do Estado e da Xunta de Galiza en relación coas decisións de instaurar un copagamento a medicamentos para pacientes e esixiu que a Xunta non aplique este copago. “O PP pon en perigo a vida das persoas cos seus constantes recortes en sanidade” afirmou Outeiro.
Mario Outeiro afirmou que “a aprobación por parte do Goberno do Estado da Resolución pola que se obriga aos pacientes ambulatorios a afrontar o copago das menciñas que lle son dispensadas na farmacia dos centros hospitalarios significa cruzar todas as liñas vermellas da sanidade. Con esta medida cobraranse medicamentos empregados en casos de cancro de mama, tratamento de cancro de ril e tumores cerebrais respectivamente, así coma outras medicacións para a leucemia mieloide crónica, o tratamento de tumores malignos resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica. E así até 157 presentacións farmacolóxicas de pouco máis de 50 medicamentos, que segundo sinala o BOE, cumpren coas condicións para ser considerados de achega reducida, ao tratarse de medicamentos de eleccións de enfermidades graves ou crónicas, e estando limitada a súa dispensación aos pacientes non hospitalizados nos servizos de farmacia dos hospitais”.
O delegado de Cultura e Turismo criticou que “a resolución da que estamos a falar fixa a aportación do usuario ou usuaria para estes medicamentos, que estaban exentos do copago, nun 10 por cento do seu prezo, cun máximo actualmente fixado en 4,20 euros, conforme á Resolución do 21 de Xaneiro da Dirección Xeral da Carteira Básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde. Isto significa que se a menciña é de 30 euros a achega será de 3 euros, pero se a menciña custa 100 euros a achega non poderá superar os 4,20 euros. Non hai dúbida que a decisión responde a unha política totalmente antisocial e inxusta, coherente coas formulacións neoliberais, que deixa desprotexidos a pacientes con patoloxías graves ou crónicas que xa pola súa enfermidade teñen o seu poder adquisitivo reducido e que, ademais, xa consumen outros medicamentos sometidos a copago, e que se deixan de tomalos poñen en grave risco a súa vida”.
“Coa composición demográfica lucense, onde arredor do 35% da poboación son persoas pensionistas, e se temos aínda por riba que Lugo a provincia onde máis aumenta o desemprego respecto ao mes anterior e unha das máis envellecidas, constitúe unha sangría social xa que un de cada tres fogares viven dos ingresos procedentes de prestación, polo que o impacto de medidas coma esta é moi significativo xa que a dependencia das pensións é un feito claro”.
Acto de desagravio ás vítimas do franquismo
Por outra parte, Mario Outeiro anunciou o apoio da Área de Cultura ao acto de restitución e desagravio ás vítimas do franquismo que se celebrará en Montecubeiro (Castroverde) este domingo ás 12:30 horas. Nesta liña, Outeiro manifestou que “non podemos deixar pasar esta ocasión de reivindicar a restitución do nome e a memoria de todas estas persoas que padeceron o sufrir dun réxime que aínda hoxe algúns non repugnan. Sucesos como os protagonizados polo alcalde de Baralla ou o de Beade poñen de manifesto que este tipo de actos son máis necesarios que nunca: debemos facer un desagravio ás vítimas do franquismo, dar fin á impunidade que sostén a lei da Amnistía do Estado español e tamén que se comecen a penalizar as condutas de apoloxía do franquismo que vivimos aínda nestes tempos”.






















Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



