Lugo, 04 de outubro de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular asegura que o nomeamento de Luís Ángel Lago Lage como asesor nivel I, na área de Presidencia da Deputación de Lugo, corrobora que a administración que dirixe o socialista José Ramón Gómez Besteiro segue a ser a axencia de colocación preferente de cargos do PSOE.
Os populares denuncian que o presidente provincial utilice a Deputación de Lugo para colocar aos membros da súas executivas, non só da provincial, senón que tamén agora da autonómica, utilizando o diñeiro de tódolos lucenses para soportar o seu proxecto personalista.
Neste senso, os populares revelan que Lago Lage, recentemente nomeado secretario de administración e acción social, percibirá do peto de todos os lucense unha retribución anual de 50.567,30 euros.
Os populares reproban que José Ramón Gómez Besteiro estea a financiar co diñeiro de tódolos veciños de Lugo a súa carreira política, e para iso, a maiores de contratar aos políticos da súa cor, o PP refire a un incremento na contía consignada a propaganda e desatendendo outros asuntos prioritarios para a provincia.
O GPP XA DENUNCIOU FAI TEMPO A CONTRATACIÓN DE CARGOS DA EXECUTIVA PROVINCIAL NA DEPUTACIÓN
Os populares volven a amosar a súa preocupación ante o feito de que a Deputación de Lugo se estea a converter na administración pública a disposición dos intereses dos socialistas e dos correlixionarios de José Ramón Gómez Besteiro.
Lembran os populares que cando Gómez Besteiro nomeou a executiva provincial, esta lle custaría a tódolos lucenses máis de 400.000 euros ao ano, xa que, por aquel entonces, o 40% da cúpula socialista provincial percibían soldos da Deputación de Lugo.
Lamentan os populares, que unha semana despois de coñecer os membros da executiva autonómica, o señor Besteiro siga na liña emprendida.