Burela, a 10 de outubro de 2013.- O Partido Popular de Burela manifestou hoxe, a través do seu portavoz, José Luis Lois Losada, que “o grupo municipal socialista en particular e o PSOE burelés en xeral está absolutamente desconcertado e o seu traballo resulta francamente decepcionante, á vista do que se lles pode ver e ler”.
O portavoz da Agrupación local do PP indicou que “están desconcertados porque dentro do grupo municipal as relacións non son as millores nin moito menos, e dentro da agrupación local socialista hai, alomenos, tres persoas que tentan facerse co control do partido: o portavoz local, o sindicalista atrevido e a concelleira fascinada pola fotografía, aínda que podería haber unha cuarta persoa de volta á política municipal”.
Para Lois Losada “esto trae consigo que non se vexan propostas socialistas por ningún sitio, que cometan erros de bulto como acontece cos arbustos da estación de autobuses, que aínda non se deron conta de que son así; ou que xa cansen co do ‘desgoberno’, palabra que seguramente usan logo de mirarse ó espello e verse a si mesmos desgastados”.
Tamén aclarou Lois Losada o porqué os socialistas son decepcionantes: “é un calificativo suave, á vista de que só foron capaces de presentar unha moción en dous meses e medio: cada día escribiron unha palabra; e por riba é unha moción que vai a remolque dunha asociación cultural. Non se pode dicir que sexa moi traballador un grupo municipal de cinco persoas que so é capaz de presentar unha moción, cando unha desas persoas está cobrando 51.000’00€ anuais dos cartos de todos nós. Pola contra, o Grupo Popular presenta catro mocións, e sobre asuntos de importancia para os veciños e veciñas de Burela, como a quimioterapia no Hospital ou o servizo de axuda a domicilio”.
Por todo elo, José Luis Lois pídelles ós socialistas que “resolvan os seus conflitos internos canto antes, de forma que o PP poida ter un interlocutor válido, cousa que agora non hai, porque no PSOE mandan todos e non manda ninguén. E que se poñan a traballar dunha vez por todas, para facer propostas importantes para a vida municipal e para os veciños e veciñas de Burela. Agora mesmo, o PSOE burelés non é nin alternativa para facer oposición”.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



