O vindeiro luns, 14 de outubro, ábrese o prazo de inscrición nos cursos de manualidades, bordado e bolillos que organiza a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, a través do Centro de Información ás Mulleres, para a tempada 2013/14. Segundo explica Diana Durán “as actividades están destinadas ás mulleres residentes en Burela, con preferencia para as empadroadas”. Os cursos de tempo libre que se ofertan son: manualidades, bordado e bolillos. Aquelas mulleres que queiran inscribirse poderán facelo do 14 ao 25 de outubro en horario de 8 a 15 horas no Centro de Información ás Mulleres. Deberán ir provistas do DNI e do xustificante de pago da taxa de matrícula. A concelleira de Muller e Igualdade subliña que “non se admitirán inscricións por teléfono”.
























Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



