Volven os domingos a pé, unha actividade anual dirixida ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, organizado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Ribadeo e o Centro de Información á Muller. Desta volta desprazáremonos até Trabada para coñecer as súas fragas. Achegarémonos en autobús até alí, para logo realizar a ruta nese concello, e voltaremos no mesmo medio. Esta ruta sairá o domingo 13 de outubro ás 11:00 horas desde o parque de San Francisco para volver arredor das 17:30 horas. Como vén sendo habitual, contará coa colaboración de Teresa Díaz, como guía. As mulleres interesadas en participar na ruta deben anotarse no CIM sito no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, chamando ao teléfono 982 120 739 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo cim@ribadeo.org; xa que é preciso coñecer o número de persoas que participarán para contratar o autobús.