A Mariña, 27 de outubro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro salientou hoxe que a Xunta vén de investir –o ano en curso- máis de 656.000 euros na contratación de 156 persoas desempregadas de todos os concellos da Mariña lucense a través dos denominados programas de cooperación.
O parlamentario lembrou que con estas axudas da Xunta a administración autonómica sufraga o cen por cen dos custes salariais e de seguridade social das persoas contratadas e son os concellos os que autonomamente propoñen e realizan os contratos. Ademais con estes apoios os municipios poden ofertar distintos servizos de interese público que doutro xeito non poderán asumir con recursos propios.
Ningún concello excluído
Balseiro salientou que, a diferenza dos programas postos en marcha por outras administracións, ningún concello queda excluído destas axudas e polo tanto todas as persoas que estean inscritas no paro na Mariña lucense poden ser potencias beneficiarios dos plans de cooperación da Xunta.
Igualdade de oportunidades
O parlamentario puxo en valor este feito destacando que a Xunta non establece diferenzas entre parados segundo o concello no que residen, xa que participan todos os municipios, á vez que garante a igualdade de oportunidades entre as persoas que se atopan sen emprego, que poderían ser contratadas a través deste plan.
Algunhas das contratacións que se subvencionan están destinadas á incorporación laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, que teñen prioridade absoluta para acceder aos postos de traballo xerados mediante os Programas de Cooperación.
Reforzo ás brigadas municipais
moitos concellos dependen destas axudas para engrosar as brigadas dedicadas ao acondicionamento ou mellora de espazos e bens públicos, que atenden a tarefas que van dende a limpeza de edificios e rúas ata o coidado de áreas fluviais e recreativas ou o desbroce de pistas e camiños. Tamén destinan un bo número destes contratos a atender servizos relacionados co socorrismo, ocio, a cultura ou o turismo.





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



