As ligas das categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén resolvéronse con dúas vitorias e unha derrota na última xornada.
Os xuvenís impuxéronse con solvencia ao IES Coruxo Vigo (7-2), resultado idéntico ao duelo entre mariñáns e vigueses na Terceira División, e os cadetes tamén venceron en Autonómica por 4-0 ao Troula FS Betanzos. No entanto, o electrónico caeu do lado betanceiro en Autonómica Infantil (1-2), nunha cita moi igualada.
Liga Prebenxamín da Mariña
Os máis pequenos/as da familia laranxa estrearanse esta fin de semana na Liga Prebenxamín da Mariña 2013-14 que organiza a Fundación Imdecum. O alumnado burelista participará nas dúas categorías, Prebenxamín 1 (nados en 2006) e Prebenxamín 2 (nados 2007-08); na primeira mediranse a AD Santiago de Foz, AD Praia de Covas, Escolas Celeiro Xove FS, EDM Cervo, ED Lourenzá e Cidade de Viveiro e na segunda xogarán con ACD Xove e repetirán coas escolas de Foz e Covas.
Na primeira xornada, os equipos burelistas recibirán a Escolas de Celeiro en Prebenxamín 1 e ACD Xove en Prebenxamín 2.
Liga Nacional Xuvenil
CD Burela FS 7-2 IES Coruxo Vigo
CD Burela FS: Cinco inicial, Erik, Rubén (3), García, Jorge (2) e Pancho; tamén xogaron Rafa (1), Isi, Borja, Renato (1), Miguel, Riveiro e Marcos
IES Coruxo – Concello de Vigo FS: Cinco inicial, Ramón, Diego, Carlos, Javier e Jeremy (1); tamén xogaron Pablo, Iván Vázquez (1), Alejandro, Amando e Samuel
Árbitro: Benjamín Rivas e Javier Nistal (Delegación da Mariña)
Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS 4-0 Troula Betanzos FS
CD Burela FS: Cinco inicial, Noé, Mini (1), Aitor, Pitero e Chiky; tamén xogaron Aleixo (1), Kaká (1), Xosé (1), David, Jordan, Vilariño e Aarón
ED Vigo 2015: Cinco inicial, Samuel, Ezar, Alejandro, Antón e Adrián; tamén xogaron Santiago (2), Sergio, Fernando e Lucas
Árbitro: Jorge Goyos (Delegación da Mariña)
Liga Autonómica Infantil
ED Burela FS 1-2 Troula Betanzos FS
ED Burela FS: Cinco inicial, José Luis, Alvaro, Rubén, Luka e Nito; tamén xogaron Luismi, Domingos, Dani, Aitor, Sergio, Víctor (1) e Adilson
Troula Betanzos FS: Cinco inicial, Jaime, Luis, Daniel, Antón e Brais (1); tamén xogaron Alejandro (1), Jesús, Víctor e Aarón
Árbitro: Jorge Goyos (Delegación da Mariña)
Amigables
CD Burela FS Cadete B 1-2 Cidade de Viveiro Cadete
CD Burela FS Cadete B: Cinco inicial, Yeremay, Jardel, Hugo, Adán (1) e Raúl; tamén xogaron Lucas, Martín, De Brito, Roberto, Selito, Gerson e Luismi
CFS Cidade de Viveiro: Cinco inicial, David, Miguel, Fran, Óscar e Zad-Maudi (1); tamén xogaron Iván, Jorge (1), Alexis e Eric (1)
Árbitro: Javi Mogo (Delegación da Mariña)
Concello de Guitiriz Infantil 3-1 ED Burela FS Infantil B
Concello de Guitiriz: Cinco inicial, Xoel (2), David F., Pablo, Martiño e David; tamén xogaron Fran, Antón (1) e Kevin
CD Burela FS Infantil B: Cinco inicial, Xesús, Álvaro, Christopher, Jairo e Manuel; tamén xogaron: Yeremay, Clever, Michael, Renato (1) e Edilson
Árbitro: Jesús Pérez
Concello de Guitiriz Benxamín 3-1 ED Burela FS Benxamín
Concello de Guitiriz: Cinco inicial, Diego, Xoel, Dani, Paulo (1) e Raúl (1); tamén xogaron Breixo, Iago (1) e Jorge
ED Burela FS: Cinco inicial, Álex Bermúdez, Noel, Pedro, Pablo e Martín; tamén xogaron: Rafa, Álex Altamirano, Yago Ares (1) e Lucas.
Árbitro: Jesús Pérez
Concello de Guitiriz Alevín 0-5 ED Burela FS Alevín
Concello de Guitiriz: Cinco inicial, Yani, Paulo, Gabi, Fran e Pablo; tamén xogaron Diego, David, Manu e David Freire
ED Burela FS: Cinco inicial, Dani, María (2), Isaac (1), Jorge (2) e Pablo; tamén xogaron Gustavo, Diego, Antonio, Edmilson, José Carlos, Álex e Anxo
Árbitro: Manuel Martínez
Concello de Guitiriz Prebenxamín 9-0 ED Burela FS Prebenxamín
Concello de Guitiriz: Cinco Inicial, Anxo (4), Alexo, Adrián (1), Xavi (2) e Sergio (1); tamén xogaron: Javi, Xián e Mario (1)
ED Burela FS: Cinco inicial, Carlos, Asier, Sergio, Claudia e Iago; tamén xogaron Iria, Alexandre, Yago Ares, Rafa, Esther, David, Brais e Walter
Árbitro: Manuel Martínez





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
