O congreso extraordinario das Xuventudes Socialistas de Galicia, no ámbito provincial, que estivo presidido polo líder del PSOE na provincia, Juan Carlos González Santín, nomeou este domingo a Jesús Vázquez Tallón, novo secretario provincial co apoio da unanimidade dos delegados asistentes, un feito histórico nun proceso de carácter orgánico.
Jesús Vázquez, con 25 anos, profesor, sinalou “es el momento de que seamos una alternativa real, para la juventud de la provincia, a través de un trabajo activo a pie de calle y conociendo todas las necesidades y problemas de cada una de las personas, de acuerdo con la diversidad cultural de la provincia de Lugo. Vamos a trabajar de la mano con González Santín, de cara a que se dé una bidireccionalidad con el PSdeG. Agradezco el apoyo de la militancia de la provincia, ellos son mi equipo de trabajo”.
O secretario provincial do PSdeG, González Santín, destacou que “Jesús Vázquez tiene todo nuestro apoyo, trabajaremos juntos y ser una realidad en clave provincial”.
O alcalde de Lugo, López Orozco, resaltou “a xuventude sodes o presente e o futuro, necesitamos da xente moza, que coñece as inquietudes e realidades do voso ámbito de actuación. Tedes todo o meu apoio para este novo camiño que comezades con Jesús Vázquez á fronte”.
O congreso contou coa presenza de diferentes cargos orgánicos e institucionais do partido, ademais de entornos sectoriais do PSdeG e sindicatos afins, que arrouparon a candidatura do novo secretario provincial.


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



