Cervo, 6 de novembro de 2013-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fixo pública este mércores a súa valoración sobre o comunicado emitido polo Grupo Sargadelos no que fala da difícil situación financeira que atravesa. Villares manifestou a súa “enorme preocupación” e explicou que toda a información que obtivo foi a través dos medios de comunicación.
Por iso, tras coñecer a noticia, púxose en contacto co responsable do consello de administración e interesouse pola continuidade das dúas factorías. “O responsable do Grupo Sargadelos confirmoume que os centros de Sargadelos e O Castro manteranse abertos e con actividade, e tamén recoñeceu a gravidade da situación” asegura o rexedor.
Aínda así, Villares quixo amosar o seu apoio incondicional aos traballadores de Sargadelos, na súa maioría mulleres, e que veñen sufrindo un ERE de suspensión temporal: “Póñome na pel de todos e cada un dos traballadores e traballadoras de Sargadelos que se poidan ver afectados por estas medidas” e por iso “estaremos en contacto coa empresa para pedirlle que faga todo o posible por defender os postos de traballo e que sexan sensibles con todas as familias”, engade.
Por iso, o mandatario cervense asegura que “esta é unha moi mala noticia para os traballadores da factoría, para a empresa, e tamén é unha mala noticia para Cervo polo que Sargadelos significa para nós”. “Unha factoría “que vai máis alá da produción industrial, chegando a converterse nun símbolo identitario de Galicia e nun proxecto cultural, artístico e histórico de todos os galegos, e que entre todos conseguimos que a Xunta apoiase, sendo a única administración que se implicou e que tentou contribuír na súa mellora”.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



