Burela, 14 de novembro de 2013. Este venres haberá un pleno extraordinario no Concello de Burela ás 10 da mañá para aprobar a alternativa elixida polo equipo de goberno diante da suba do canon que Sogama aplicará pola recollida do lixo. Ese incremento será asumido polos contribuíntes. Deste xeito o Concello seguirá a prestar os mesmos programas e servizos que está a realizar na actualidade, senón tería que efectuar recortes. O alcalde, José Mª González Barcia, subliña que o incremento no recibo dos usuarios domésticos será de 1 euro cada dous meses e no caso dos usuarios comerciais esa cifra oscilará entre 1,10 e 3,60 euros ao bimestre.
O rexedor explicou que “co canon de Sogama o Concello de Burela ten dúas posibilidades: continuar ou abandoar Sogama. Evidentemente temos que continuar en Sogama porque é a única alternativa legal e medio ambientalmente aceptada para pode reciclar o lixo que xeramos en Burela”.
González Barcia indicou que “o incremento do canon de Sogama para Burela ascende a 71.000 euros, co que se nos abren dúas posibilidades. A primeira sería que o Concello pagase con fondos propios o incremento deste canon, o que suporía o pago de todos os cidadáns vía impostos deste incremento e segundo teríamos que recortar obligatoriamente programas e servizos que agora mesmo estamos a prestar. Por exemplo teríamos que recortar as axudas que estamos a dar para que os centros de ensino abran polas tardes, ou teríamos que recortar nos comedores escolares para poder facer frente ao pago do incremento do canon de Sogama con fondos municipais, que saen do peto de todos os cidadáns. Esta vía significaría un recorte importante de programas que o Concello está a levar adiante, incluídos algúns vinculados cos servizos sociais”.
O alcalde de Burela seguiu a relatar que “a segunda alternativa que se plantexa o Concello, e que será a que se adoptará mañá nun pleno extraordinario previsto para ás 10 horas, é repercutir o incremento no recibo do contribuínte. Feitos os cálculos pertinentes a suba no recibo do contribuínte significará pagar 1 euro máis cada dous meses por familia, isto no caso dos usuarios domésticos. No que se refire a usuarios comerciais o incremento oscilará entre os 1,10 e os 3,60 euros por bimestre, en función das categorías dos locais, segundo xeneren ou non residuos orgánicos”.
José Mª González Barcia sinalou que “a decisión adoptada polo equipo de goberno significa primar os intereses xerais do concello garantindo a recollida do lixo nos termos nos que realiza na actualidade; a repercusión no recibo do contribuínte é mínima e o Concello de Burela seguirá pagando o 26% da factura total da recollida do lixo con fondos propios, tal e como se viña facendo ata o de agora”.
E engadiu que “a urxencia do pleno de mañá ven derivada por unha cuestión, porque a modificación da ordenanza ten que entrar en vigor o vindeiro 1 de xaneiro. Ao equipo de goberno, como contribuíntes tamén que somos non nos gusta falar de suba algunha, pero hai que asumir responsabilidades e tomar decisións e neste caso concreto primamos os intereses colectivos do Concello, queremos seguir mantendo os programas e servizos que estamos a prestar e cremos que a alternativa que plantexamos é perfectamente viable”. O alcalde de Burela insistiu en que “a repercusión do incremento no recibo dos usuarios domésticos e comerciais será moi pequena. Entendemos que esta é a mellor solución, para compaxinar os intereses lexítimos dos particulares cos intereses que o Concello debe dar e que son os intereses colectivos”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



