Mondoñedo, 29 de novembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo censura que o alcalde da localidade, o nacionalista Orlando González, se negase a que os máis de 261 parados do municipio podan participar no plan de emprego da Deputación de Lugo.
Tralo voto en contra do bipartito do Concello de Mondoñedo á proposta dos populares de instar a Deputación para que modificase as bases “excluíntes e feitas á medida” do plan de emprego; o Partido Popular de Mondoñedo denuncia que nin o PSOE nin o BNG fosen quen, “por primeira vez, de desoír as directrices dos seus respectivos partidos, e pensar nos veciños”.
“A orientación partidista que manifestaron os nacionalistas e os socialistas” non xustifica o voto en contra á iniciativa dos populares que “só pretendía que os desempregados de Mondoñedo non fosen excluídos directamente do plan de emprego e tivesen a oportunidade de participar no proceso de selección”.
Os populares lamentan a “dobre cara” que pon de manifesto Orlando González, dependendo da “administración pública á que se dirixa en función do partido polo que estea gobernada”. A súa obriga, segundo os populares, é “priorizar os veciños e velar polos seu ben”, e non “antepoñer os intereses partidistas”.
A exclusión de Mondoñedo do plan de emprego da Deputación é inxustificada, se comparamos o número de parados do municipio cos de outros concellos incluídos no programa da administración provincial. Neste senso, localidades cun número inferior de desempregados están incluídas no plan de emprego da Deputación de Lugo, mentres que a de Mondoñedo queda fóra.
Garantir a igualdade de oportunidades
Os populares locais censuran que o bipartito municipal non sexa quen de posicionarse a favor dunha proposta que procura garantir a igualdade de oportunidades entre todos os desempregados, e non crear cidadáns de primeira ou de segunda en función do municipio de residencia e dos réditos electorais que implican.
Neste senso, o Partido Popular contrapón a actitude colaboradora da Xunta de Galicia co municipio á da Deputación, xa que a administración autonómica permite participar a todos os municipios da provincia sen exclusión. Así lembran que Mondoñedo veuse beneficiado a través do plan de cooperación do financiamento de cinco postos de emprego (dous na área de servizos sociais e dous para a salvagarda dos bens e das persoas).
Os populares tamén resaltan a concesión do obradoiro de emprego que formou a desempregados de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros nas especialidades de albanelería e carpintería grazas a un orzamento de 210.000 euros; así como da concesión á localidade dunha brigada de incendios.

















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



