Viveiro, 1 de decembro de 2013.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, foi galardoada este domingo en Viveiro coa Medalla do Colexio Oficial de Xoiaría e Gremios Provinciais durante a Gala da Xoiería Galega 2013 que se celebrou na vila mariñá con motivo da festividade de San Eloi.
O acto contou coa presenza da directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez; da xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro; da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; do subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; do vicepresidenta da Deputación provincial, Lara Méndez e mais da tenente de alcalde de Viveiro, María Loureiro.
O presidente do Colexio, Óscar Rodríguez Blanco, explicou que a concesión deste galardón para a directora de Turismo de Galicia ten por obxectivo “réndenlle unha merecida homenaxe mediante a entrega da medalla do colexio en recoñecemento ao seu decidido apoio e sensibilidade coa xoiaría de Galicia”.
Ademais, no marco da gala entregáronse os premios aos finalistas do II Concurso de Deseño San Eloi no que a Segueta de Ouro foi para Orenjoya S.A. de Ourense e as catro Seguetas de Prata distinguiron aos xoieiros Rafael Granados Guillén, da Coruña; Manuel Lameiro Prol, de Vigo; Jorge Cortiñas Castro, de Padrón; e Antonio Frade Lombardero, de Santiago de Compostela.
Ademais entregáronse diplomas para os dez finalistas do concurso que foron Alberta Lorenzo Aspres, Alejandro Calvo Filgueira, Ana Miguéns Bouzón, Daniel González Abalde, Kinga Haudek; Marta García Arcos, Martín González Villanueva, Miguel Blanco López, Raúl Diniz Da Silva Filho e mais Sonia María Vizcaíno Ínsua.
Na súa intervención tras recoller a medalla do Colexio de Xoiaría, a directora de Turismo de Galicia felicitou aos galardoados e resaltou que “eles son a mostra de que en Galicia as cousas se fan ben, de que existe materia prima de primeira calidade pero tamén grandísimos profesionais que saben utilizar as mellores técnicas e ferramentas para poñela en valor”.
De igual modo, Nava Catro resaltou o traballo de representación e intermediación do Colexio de Xoiaría así como “o seu papel de velar polos intereses dos consumidores ao tempo que proxecta a profesión na sociedade”. Tamén resaltou a súa tarefa informativa e formativa e a posta en marcha de actividades como o Concurso Escolar San Eloi ou o concurso de deseño ‘Deseña unha xoia para túa nai’.
A directora de Turismo explicou que dende a súa actual posición á fronte de Turismo de Galicia ten “unha nova perspectiva deste fermoso traballo” e indicou que percibe cada vez máis “as súas potencialidades á hora de funcionar como un elemento de atractivo, que pon en valor a cultura da nosa terra, o saber facer das nosas xentes”.
Ao tempo, incidiu en que dende Turismo de Galicia traballan para internacionalizar e recoñecer esta actividade e integran a artesanía galega na oferta turística diferencial da nosa comunidade.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



