O PSdeG-PSOE da provincia participou este domingo activamente nas manifestacións convocadas para o día de hoxe pola plataforma Nunca Máis en protesta pola sentenza do Prestige. Deste xeito, a deputada autonómica, Concepción Burgo, e o secretario de organización da executiva provincial socialista, Juan Carlos Ferreiro, sumáronse á concentración de Lugo e, os deputados autonómico e provincial, José Ramón Val e Alfredo Llano, respectivamente, á de Foz.
Pasaron once anos
O 13 de novembro cumpríronse once anos dende que uns 1.600 kilómetros das costas galegas, e do Cantábrico, foron alicatadas de chapapote. Na súa limpeza participaron preto de 30.000 mariñeiros, ademais de mariscadores dannificados e dunha movilización humana e de medios sen precedentes, formada por uns 120.000 voluntarios.
E para respostar de todo isto, outro 13 de novembro, neste caso de 2012, sentaronse no banquiño dos acusados da Audiencia de A Coruña tres xubilados de máis de setenta anos: o capitán do barco -Apóstolos Mangouras-, o seu xefe de máquinas -Nikolaos Argyropoulos-, e o exdirector da Marina Mercante do Goberno de Aznar -José Luis López-Sors-.
A sentenza deuse a coñecer esta mesma semana, pero non convence ós socialistas; feito que motiva que apoiasen decididamente ós convocantes das concentracións. Deste xeito, dende o PSdeG-PSOE considérase que dito documento transmite “por unha banda, unha mensaxe de impunidade total para as empresas armadoras en relación co estado dos buques que fletan e, por outra, incluso obriga a devolver os 22 millóns de euros que a aseguradora da armadora tiña consignados, e daba por perdidos, para pagar posibles responsabilidades”. Deste xeito, subliñan que “sae caro o conto porque todas as indemnizacións e a reparación do dano ambiental realizados no seu día van correr a cargo das arcas públicas. O sentir na rúa con esta sentenza é de desconcerto, de decepción e mesmo de estafa”.
Volven estar no Goberno
Curiosamente, lembran os socialistas, os responsables de xestionar todo aquelo, a maior marea negra de Europa, volven estar no Goberno, o señor Cañete, Ministro de Pesca naquel entón, é agora Ministro de Pesca e Medio Ambiente; o Delegado do Goberno, Fernández de Mesa, que dicía a aquelo de que lo alejen a 120 millas y después no es problema nuestro, é o Director xeral da Guardia Civil; e aquel vicepresidente que se consagrou con aquelo dos hilillos de plastilina é na actualidade o presidente.
Explicacións no Parlamento
Ante esta situación, e tendo en conta que a sentenza deixa a Galicia sen culpables da catástrofe e sen responsables dos danos económicos, o Grupo Parlamentario Socialista reclamou esta mesma semana no Parlamento explicacións á Xunta de Galicia sobre que ten pensado facer o Goberno Galego neste asunto, xa que “a sociedade o que espera dos seus gobernantes nos momentos críticos, nos momentos onde é preciso unha acción firme e decidida, é que estén á altura das circunstancias”.
Neste senso, tal e como plantexaron na Cámara, temen que a solución da administración autonómica “sexa propoñer un recurso de perfil baixo orientado unicamente a resarcir a responsabilidade civil e non a cuestionar as decisións troncais do fallo. Non pode ser que lle mandemos esa mensaxe de impunidade á sociedade galega que só serve para contribuír ao descrédito das institucións, de tal xeito que, estas políticas converterán a este país nun lugar onde enviar un tweet pode custar 600.000 euros pero pasear, marear e fundir un petroleiro coas consecuencias por todos sabidas, sae gratis”.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



