Varios centos de persoas percorreron na mañá deste domingo as rúas de Foz para expresar o seu rexeitamento pola sentencia do Prestigue nunha manifestación que con saída de diante da Praza do Concello que percorreu as rúas do centro da vila para rematar outra vez diante da Praza do Concello coa lectura dun manifesto a cargo dunha representación do mundo da cultura da Mariña e o canto do Himno Galego. A manifestación coincidiu con outras sete convocatorias que percorreron as sete cidades galegas e que pretende achegar a repulsa da nosa sociedade a unha sentenza, a do Prestigue, que nega outra vez máis aos galegos e ás galegas o dereito a xustiza como xa aconteceu no momento da catástrofe.
Vicente Vázquez,Presidente da Confraría de San Cibrao no momento da catastrofe, no manifesto final afirmou que “Hai hoxe 11 anos a sociedade galega demostrou naquela nosa Compostela feita un mar de auga que existía para si mesma e ante o mundo; existía unha sociedade viva e capaz de defenderse e hoxe temos que demostralo novamente a pesar de que o contexto é distinto porque estamos baixo unhas políticas que castigan a cidadanía, que destrúen a sociedade e que negan a Galiza como país.A manifestación de hoxe enmárcase neste contexto de negación dos dereitos da cidadanía, da xustiza, da verdade e da existencia da propia nación galega. Que quede claro eles van contra a nosa existencia de persoas libres con dereitos e contra a existencia de Galiza como país, que existe en por si, e necesitamos con esta manifestación revalidar a existencia de Galiza, e o que é máis importantes necesitamos demostrar de novo a nós mesmos, ao conxunto do Estado, a toda Europa e ao mundo que Galiza existe como país e como pobo”.
Xoán Ramón Fernández Pacios, Presidente da Asociación A Pomba do Arco, que deu lectura a primeira parte do manifesto destacou que “Somos a Galiza indignada pola amarga e inxusta sentenza emitida pola Audiencia Provincial da Coruña, que exonera de culpa os responsábeis da marea negra do “Prestige” e abre as portas á impunidade. Ante iso temos que rebelármonos, temos que dicir non á impunidade porque hai responsabilidades directas de que ese buque fose unha chatarra flotante que navegaba fronte as costas galegas, pero tamén hai responsabilidade política na xestión da catástrofe por parte do PP, que ocupaba naquel momento labores de Goberno na Xunta e no Estado, que tamén quedan exonerados con esa sentenza. E non eran “hilillos de Plastilina” o que saía daquel vello buque, como antes o Mar Egeo, ou o Casón, ou o Andros Patria, ou o Polikomander veu morrer diante das nosas costas”.
Dores Fernández Abel, Presidente da Asociación Francisco Lanza, que deu lectura a segunda parte do manifesto indicou que “a Plataforma Nunca Máis, non se foi nestes 12 anos desde o accidente de Prestigue, estivo a aquí, a pé de obra, vixiante, para que se fixera xustiza para coa nosa nación, para que a nosa nación fose respetada exercendo unha dignidade que se nos quere negar, en definitiva Nunca Máis xa é parte do pobo galego consciente no camiño da súa soberanía. Porque o único Nunca Máis posíbel constrúese desde a soberanía e a construción do Estado Galego que poña nas nosas mans o control da nosa costa, un Estado Galego que poña nas nosas mans o control do tránsito marítimo, un Estado Galego que tome en consideración a importancia estratéxica que o mar ten para nos a diferenza de para os mesetarios e por conseguinte a dote de medios para loitar contra traxedias coma esta”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



