Burela, 26 de decembro de 2013. O pleno do Concello de Burela aprobou este xoves, cos votos a favor do Partido Popular, os presupostos municipais para 2014 que ascenden a un total de 6.439.338 euros, tanto en ingresos coma en gastos, o que supón un incremento do 3’2% con respecto ás cifras manexadas en 2013.
O alcalde, José María González Barcia, afirmou que “os presupostos para 2014 son realistas, porque parten dos dereitos recoñecidos durante o exercicio de 2013 e para nada se basean en hipóteses; son rigorosos, porque aplican criterios de austeridade no gasto tanto no cumprimento da regra de gasto como no de estabilidade orzamentaria; e garanten a continuidade dos servizos que ata o momento estamos mantendo, como servizos sociais ou educativos”.
Barcia dixo que o documento aprobado “permite abordar a construción da nova gardería, e permite tamén comezar a traballar nos novos vestiarios do campo de herba artificial da Marosa. No primeiro caso, as bases de execución contemplan a posibilidade de ampliar partidas orzamentarias existentes, e no caso dos vestiarios figura unha partida conxunta que nos pode permitir comezar as obras no próximo ano 2014”.
O rexedor burelés manifestou durante a sesión plenaria que “de seguir pola senda do bipartito, hoxe estaríamos abocados a unha situación económica insostible. A día de hoxe, pagamos puntualmente ós provedores; temos unha presión fiscal por habitante por debaixo da media provincial e por debaixo dos concellos da comarca semellantes ó noso en poboación, e vamos acabar 2013 con saldos contables positivos”.
González Barcia insistiu unha vez máis en que “a débeda financieira é unha lacra importante porque nos impide levar a cabo investimentos reais. Oito de cada cen euros do presupostos destínanse a amortizar débeda, moito para un concello coma o noso”. O alcalde foi especialmente duro cos socialistas, ós que culpou de meter ó Concello nunha situación económica crítica: “fixérono cando Burela pertencía a Cervo, e fixérono na primeira oportunidade de gobernar Burela como tal, xa que o setenta e cinco por cento, é dicir, tres de cada catro euros da débeda financieira que ten o Concello teñen matrícula socialista: aínda estamos pagando débeda do antigo Concello de Cervo, e estamos pagando a débeda que nos deixou o bipartito. No caso do bipartito, a débeda non se corresponde con investimentos, senón con facturas de gasto corrente. Da de Cervo, mellor non falar”.
“Os presupostos de 2014 permiten manter todos os servizos sociais que agora hai en funcionamento, axuda no fogar, programas de maiores, etc.. E tamén permiten manter os centros de ensino abertos polas tardes, o funcionamento dos comedores, e por riba, conceder subvencións ós colectivos e asociacións. Algo que sabemos que non lle gusta ó PSOE”, indicou José Mª González Barcia.
Pero o rexedor avalou os datos de 2014 cos adiantos da liquidación do presuposto de 2013: “arrancamos 2013 cun presuposto de ingresos de 6.235.500 euros, e o día vinte deste mes tiñamos o presuposto en 7.056.761 euros. Arrancamos 2013 cun presuposto de gastos de 6.235.500 euros e a día 20 deste mes tiñamos pendentes de pago soamente 45.369 euros. Esa é a nosa xestión, e ese é o noso aval: non gastar máis do que se ingresa e pagar o que se debe. E o que digo está avalado polos provedores, que, de momento, cobran con bastante puntualidade”.
González Barcia foi crítico coa oposición: “non se pode chegar a un pleno de presupostos sen telos preparados. Nin o PSOE nin o Grupo Mixto teñen alternativa, só a demagoxia e a falta de rigor: non se poden presentar enmendas o mesmo día do pleno, e ademais deberían explicar porqué o que propoñen non o fixeron eles no seu momento. O PSOE aumentou en 2010 os impostos nun 4% e se quedou tan ancho, e co PSOE o IBI aumentou tamén como aumenta agora, e nada dicían. Co PSOE aumentou o paro, e tampouco dixeron nada”.
O alcalde burelés engadiu que “o que é certo é que o goberno do PP está traballando polo emprego a través de dúas fórmulas: formación a desempregados,como o demostra que a Xunta nos teña concedido no que vai de ano case que medio millón de euros para cursos de formación e un obradoiro de emprego; e pagando puntualmente ós provedores, para así garantir a continuidade da actividade empresarial e comercial e garantir a permanencia dos postos de traballo. Pero ademais compre ter en conta que os vinte millóns e medio das antigas pesetas que se inxectan ás asociacións ó final acaban no propio tecido produtivo do noso concello, o que tamén é unha forma de loitar contra o desemprego”.
Finalmente, González Barcia indicou que “resulta sospeitoso que o PSOE pida que os grupos políticos estean nas probas de selección de persoal; resulta sospeitoso que pidan que se suprima a partida de publicidade cando se gastaron fondos públicos en books fotográficos, e resulta sospeitoso que agora o PSOE pida concorrencia competitiva para conceder subvencións cando eles as retiraron todas en 2009”.





















Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.



